Partido Popular de Lugo

O PP pregunta a Tomé que planes ten para o terreo de 100.000 metros cadrados, propiedade da Deputación, que está valado ao pé do Parque do Rato

A Deputación é titular dunha ampla superficie de bosque, ao pé do parque do Rato, na que no seu día o organismo provincial pretendeu crear unha reserva de animais, con cervos e outras especies. Un goberno provincial socialista decidiu que este tipo de iniciativas non entran dentro das competencias da Deputación e abandonou dito proxecto. Segundo as informacións publicadas no seu momento, este espazo ten una superficie de 100.000 metros cadrados; permanece valado e os accesos  pechados con cadeados. O grupo provincial popular pregunta ao goberno presidido polo socialista José Tomé se ten algún proxecto para que os lucenses poidan disfrutar de tan amplo espazo natural.

 

A prensa publicou en decembro de 2002 que a Deputación tiña o proxecto de repoboar con distintas especies animais este espazo de 100.000 metros cadrados, ao pé do Rato. Naquel momento, o goberno provincial, presidido por Francisco Cacharro, indicaba que ese espazo, que xa estaba valado, podía ser visitado con autorización previa. O deputado popular Óscar Poy, tras inspeccionar o estado do valo, o peche das cancelas de acceso e comprobar como se atopa dito espazo, considera que non ten xustificación que non estea aberto ao público.

 

O mesmo deputado indica que un terreo tan amplo, densamente arborado, non pode estar continuamente vetado ao público. Indica que son moitos os lucenses e os visitantes que se preguntan que hai nese terreo e por que no é accesible. Por iso, espera que o goberno provincial dea as explicacións que solicita en nome do grupo provincial do PP.