Partido Popular de Lugo

Daniel Vega: “Despois de moito tempo de reclamacións dos veciños, a Deputación actúa por fin na estrada de Vilela”

O portavoz do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, sinala que “despois de moito tempo de reclamacións dos veciños, a Deputación actúa por fin na estrada de Vilela”. Trátase dunha estrada de titularidade provincial que “pasa polo entorno do colexio público e do campo de fútbol servindo de conexión fundamental entre a vila e o rural”, segundo explica o populares

 

Vega explica que “os veciños levan moito tempo reclamando o seu arranxo” e, polo tanto, “quérolles agradecer o seu traballo que fixo posible o recente anuncio da Deputación para a mellora desta vía sobre a que o goberno local do BNG se mantivo pasivo sen escoitar as demandas dos veciños afectados. Foi o noso Grupo Municipal o que, despois de reunirse cos veciños e escoitar as súas demandas, presentou ante o pleno da corporación municipal distintas iniciativas “para instar á Deputación a investir nesta e outras estradas provinciais no noso municipio”.

 

“Tamén quero agradecer o traballo do portavoz do Grupo Provincial Popular, Javier Castiñeira, que se achegou ao municipio en varias ocasións e que deu traslado deste tema ante o pleno da corporación provincial”, dixo Vega.

 

Investimento tamén para as estradas do rural

O popular asegura que “seguiremos reivindicando melloras nas infraestruturas viarias da Deputación que comunican as parroquias do rural ou a zona da costa e que se atopan moi abandonadas”. É o caso da estrada de Santalla, a da Devesa ou a de Arante, por exemplo. “Seguiremos esixindo que se invista nas estradas da Deputación que temos no noso concello”, conclúe.