Partido Popular de Lugo

O PP critica “o abandono e a mala imaxe de Burela” derivados da “pasividade do goberno do sr. Llano”

O Grupo Municipal Popular de Burela critica “a desconexión do sr. Llano coa realidade do día a día da nosa vila” que “é un feito máis que probado” ante as numerosas mostras de abandono que derivan nunha mala imaxe de Burela.

 

O voceiro do PP, Manuel Rouco, sinala que “case estamos a mediados do mes de agosto e o señor Llano segue coa súa teima de dar unha mala imaxe da nosa vila tanto aos veciños coma aos turistas que nos visitan durante a temporada estival”.

 

O popular pon como exemplo desta imaxe de abandono que presenta Burela ao “lamentable estado” do mirador e da área recreativa do Monte Castelo ou “a deixadez do goberno local á hora de facer cumprir a normativa sobre limpeza de solares e fincas”.

 

Así mesmo, dirixe as súas críticas ao goberno do sr. Llano pola “falta de limpeza viaria con vexetación nas beirarrúas -a pesar de que estar incluída no carísimo contrato de recollida do lixo que o goberno local aprobou o ano pasado- e o mal estado de conservación das beirarrúas”. A este respecto, sinala que “os peóns teñan que pisar con tino nas beirarrúas para non caer, debido á inestabilidade do seu firme tantas veces denunciado xa polo Grupo Municipal Popular”.

 

Outro exemplo máis da “inexplicable pasividade do goberno do sr. Llano” constitúeno “os vehículos que levan meses abandonados na avenida da Mariña, preto da actual Capitanía Marítima, sen que o goberno local amose interese por xestionar a súa retirada”. Rouco subliña que “chaman moito a atención porque se atopan na zona do paseo marítimo do Portelo, xusto na entrada da zona portuaria, unha zona sumamente transitada”, conclúe.