Partido Popular de Lugo

O PP pide a Cajoto que implique á Deputación no Plan de Sostibiblidade Turística, tal e como rexe o seu informe económico

O Partido Popular de A Mariña pide ao presidente da Mancomunidade e alcalde de Foz, Fran Cajoto, que implique á Deputación no Plan de Sostibilidade Turística, tal e como reflicte o informe económico do mesmo, e ao que a entidade deu o visto e prace na sesión plenaria celebrada esta tarde.

 

Deste xeito, o voceiro da formación popular nesta agrupación de municipios, Demetrio Salgueiro, incide na necesidade de que o presidente busque a colaboración doutras administracións, como é o caso do organismo provincial, xa que, como se especifica no documento, reduciría a aportación que teñen que facer os Concellos, nun momento no que, engade Salgueiro, “as arcas municipais xa están moi deterioradas”.

 

“Agardamos que a Deputación de Lugo se sume aos proxectos da Mancomunidade, xa que, non facelo, sería difícil de entender e renunciar a unha oportunidade para por en valor A Mariña e a súa economía”. “Non podemos esquecer, remarca, que o turismo é unha das nosas principais fontes de ingresos e de xeración de emprego”. Ademais, lembra, trátase “dun Plan que foi aprobado cunha aportación por parte do Estado de 1 millón de euros e outro millón pola Xunta de Galicia, polo que ten que supoñer un antes e un despois no turismo comarca”

 

O tamén alcalde de Xove fai esta valoración co fin de “sumar apoios”, xa que “dende o PP somos os primeiros que queremos impulsar un turismo rentable para A Mariña”. A este respecto, manifesta: “coincidimos co presidente que, recentemente, dicía que a comarca debía aspirar a ser un reclamo turístico tamén fóra da tempada de verán, e que o turismo á súa vez debe contribuír á mellorar a cohesión territorial e frear a perda demográfica nos concellos do interior, por iso sería importante, conclúe, contar coa aportación da Deputación”.