Partido Popular de Lugo

Daniel Vega pon en valor o sector hortícola ribadense e o apoio da Xunta que entrega 10.000 bolsas á asociación A Sucadoira

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca a colaboración coa asociación A Sucadoira que recibe 10.000 bolsas financiadas pola Xunta de Galicia para a promoción dos produtos locais e que tamén contan con deseño ribadense. “Estas bolsas supoñen un vínculo de unión entre produtor e consumidor; ademais de contribuír a amosar unha imaxe unificada da marca ‘Horta de Ribadeo’”.

 

 

O popular recoñece a labor da asociación A Sucadoira como impulsora da marca ‘A horta de Ribadeo’. Tamén destaca Vega que “grazas á Sucadoira e o traballo da consellería da Xunta de Galicia hoxe podemos comercializar a planta e a semente do pemento de Piñeira que conta cunha propia IXP”. Tamén destaca “a importancia de comezar a traballar a terra para plantar a faba” amparada pola IXP Faba de Lourenzá en toda a comarca da Mariña. “Son moitos outros os produtos de calidade, coma a cebola, os que venden no mercado dos domingos e no mercado dos mércores, un espazo para a relación directa entre produtor e consumidor”, apunta.

 

Vega sinala que “o Grupo Municipal Popular leva tempo traballando co colectivo en apoio á súa labor por impulsar o sector hortícola local do que coñecemos o seu glorioso pasado e que cremos que ten un futuro moi importante”. Así mesmo,  lembra que “xa fai tempo xestionamos orzamento para dotar aos produtores e vendedores de vestiario con marca única e de deseño tamén único feito no noso municipio, en Ribadeo”.

 

Finalmente, o popular pon en valor “a formación a través da Escola de Pedro Murias como base para o relevo xeracional do sector” e asegura que “continuaremos apoiando á asociación e as súas iniciativas porque cremos que é necesario impulsar o noso sector primario e, concretamente, a horta de Ribadeo”.