Partido Popular de Lugo

Castiñeira sobre o Plan de impulso económico da Deputación: “Confírmanse as nosas sospeitas. É un Plan de engorde e inflado. É unha tomadura de pelo”

"

Confírmanse as nosas sospeitas. É un Plan de engorde e e inflado. É unha tomadura de pelo”. Así o indica o voceiro do Grupo Provincial do PP, Javier Castiñeira, logo de examinar o expediente de dito proxecto no servizo de Actas da Deputación, unha vez que o equipo de goberno autorizou a súa comprobación. A súa revisión foi solicitada polos populares ata en dúas ocasións, pois incluso a propia Valedora do Pobo referiu no informe remitido ante a queixa presentada polo Grupo do PP que a información do proxecto é enganosa.

 

Os populares dan así un paso máis no seu traballo de “fiscalización do goberno” que, neste caso, pon de relevo que dita iniciativa, dotada con 7 millóns de euros, “é tan só unha estratexia política”. E é que, segundo explica Castiñeira, “o groso das accións é o mesmo que o que xa se facía antes da crise, polo que non pode considerarse como un plan de reactivación económica”, destaca.

 

Suspenso á xestión: Inacción e mentiras

“Non hai axudas económicas. Nin tan sequera ese 1% que dicían que ían facer. Tampouco hai nada  do que pedía o PP de 4 millóns para as empresas que o necesitan. Outras Deputacións si que o fixeron”. Por este motivo, o voceiro do Grupo Provincial outorga “un suspenso á xestión do equipo de goberno, e xa non só pola inactividade, senón polas súas mentiras e propagandas”, afirma.

 

O popular argumenta a súa valoración en que “o pouco que se está facer é o Saborea a túa provincia, pero é insuficiente para unha provincia que precisa moitísimo máis”. “Nada sabemos dos fondos Next Generation. Este goberno está sumido na inacción”, engade.

 

Por todo elo, Castiñeira avanza que os populares continuarán “fiscalizando ao equipo de goberno”, sobre todo, engade, “cando está acostumándose a mentirlle aos lucenses e isto non o imos consentir”, conclúe.