Partido Popular de Lugo

Rubén Otero revela que a falta de licenza municipal para ampliar o camiño de Grandón a Rodinso “é un exemplo do desgoberno que temos en Castroverde

O voceiro do Partido Popular de Castroverde, Rubén Otero, pídelle ao alcalde que “cumpra a lei” en relación á ampliación do camiño de Grandón a Rodinso, alertado polos propios veciños, que en días pasados lle dirixiron un escrito ao rexedor socialista expresando a súa desconformidade.

 

Os afectados, logo dos traballos que se están a executar, dirixíronse por escrito ao goberno local, manifestando que se ven obrigados a trasladar as súas queixas polas obras, que afectan e invaden claramente a vía pública. Tal é así que, no canto de ampliar o camiño, este aínda queda máis reducido debido a que a cuneta foi reenchida de formigón, colocando nela uns postes tamén do mesmo material en vez de situalos na finca colindante.

 

Por este motivo, os populares esixen ao Concello que comprobe as obras de peche en execución e adopte as medidas que procedan en cumprimento da lexislación vixente.