Partido Popular de Lugo

Os senadores populares instan ao Goberno a “corrixir o agravio que sufre a provincia de Lugo” pola falta de conexión con Madrid vía ferroviaria

Os senadores lucenses do Partido Popular -José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela- instan ao Goberno a “solucionar o agravio que sufre a provincia de Lugo en canto á falta de conexión con Madrid vía ferroviaria, evitando esperas innecesarias e a compra de billetes por separado”. Así mesmo, piden “axustar os horarios das liñas ferroviarias que sexan pertinentes para conectar mellor a provincia de Lugo con Madrid”.

 

A iniciativa dos populares ante a Comisión de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana sobre a recuperación dos trens de larga distancia que antes da pandemia conectaban Galicia con Cataluña, País Vasco e Madrid “é unha necesidade que non só viñemos reivindicando os veciños e o Partido Popular, senón que tamén agora o comité de empresa de Renfe en Lugo leva reclamando durante este mes de xullo a intensificación da conectividade con Madrid á compañía; ademais de recuperar os trens perdidos co País Vasco e Cataluña”.

 

Sen enlace directo con Madrid dende Monforte nin Lugo

Os populares sinalan que “os propios traballadores denuncian que unha parte importante dos trens que cobren a liña con Madrid non teñen posibilidade de enlace con Monforte de Lemos nin coa cidade de Lugo, impedindo a miles de cidadáns viaxar de maneira directa á capital de España”. É máis, “mentres que pola estación de Ourense circulan cada día doce trens que cobren a liña Galicia-Madrid -seis en cada dirección-, os viaxeiros da provincia de Lugo só teñen a posibilidade de conseguir enlaces con dous deses trens”, lamentan.

 

“O resto de liñas que cobren este itinerario e que si pasan pola provincia de Lugo obrigan aos cidadáns a asumir largas esperas e incluso a adquirir os billetes por separado, o que supón un grave prexuízo para os usuarios e un agravio para a provincia, que pode ver incluso prexudicado o sector turístico; xa que moitos viaxeiros se decantarán por outros destinos ante a imposibilidade de viaxar comodamente e sen acusar largas esperas”.

 

Os populares lucenses no Senado inciden en que “o comité de empresa de Renfe en Lugo desminte o argumento da falta de usuarios que o Ministerio deu dende o confinamento da pasada primavera para non restablecer as liñas ao asegurar que os trens entre Galicia e Madrid circulan cheos e, polo tanto, hai demanda”.

 

Propostas do comité de empresa de Renfe en Lugo

Unha das opcións que o comité de empresa de Renfe en Lugo propuxo á compañía un lixeiro axuste dun cuarto de hora na saída do tren de media distancia que cubre a diario o traxecto entre Ponferrada e Vigo a través de Monforte pois “permitiría aos viaxeiros de Monforte chegar a tomar o enlace con Madrid”; xa que “o tren de media distancia Ponferrada-Vigo chega a Monforte de Lemos uns minutos máis tarde de que o Alvia que vén de Santiago de Compostela saia rumbo a Madrid”.

 

“A pesar de que este pequeno cambio de horario é unha das solucións posibles; o problema fundamental é o agravio que sofren os lucenses ante a falta de liñas ferroviarias que os conecten adecuadamente con Madrid e que o Goberno central debe solucionar á maior brevidade”, insisten.