Partido Popular de Lugo

Castiñeira: “Menudo papelón lle tocou Sra. García Porto: facer oposición á Oposición”

“Menudo papelón lle tocou Sra. Porto: facer oposición á Oposición”. Así o manifesta o voceiro do PP logo de que a socialista “criticase sen argumentos” o balance realizado polo Grupo Provincial Popular no día de onte dos dous anos de goberno de Tomé. “Esto non é algo digno dun equipo de goberno, que debe traballar sempre por facer ben as cousas”, quedando demostrado, di Castiñeira, que “as mensaxes do Partido Popular chegan especialmente aos veciños”.

 

Por este motivo, recoméndalle á socialista que “vaia un pouco máis pola provincia, saír do despacho da Deputación e escoitar relatos como o da Sra. Guadalupe da Pobra de Brollón, que ve con dificultades como ten que acceder á súa casa”. “Non pode intentar ridiculizar estes testimonios que está recollendo o PP. co fin de que a Deputación mellore e de que se dean conta de que gobernan a casa de todos os Concellos. Non poden eximirse de traballar pola provincia e seguir nese continuismo e ter anclada a institución en plans que xa existían”, insiste.

 

Castiñeira considera que o executivo provincial “quedou aínda máis en evidencia” no día de hoxe, pois “ata a Sra. Porto tivo que ler a resposta, sendo usada polo propio presidente para intentar salvarlle os mobles”. Para o popular confírmase “o que vimos dicindo, que para intentar falar da súa xestión, teñen sempre que recorrer aos gobernos do PP. Xeralmente é o de Feijóo, pero hoxe tocoulle a Rajoy; que casualidade”, ironiza.

 

O voceiro do PP cualifica de “escusas fáciles” a xustificación dada para evitar confirmar que “nada fixeron fronte á crise que deixa a covid”. “Neste caso, non estamos a falar de competencias Sra. Porto, estamos a falar de que é unha obriga moral das administracións arrimar o hombro e os Concellos fixérono. A Deputación non”, sentencia.

 

Finalmente, polo que respecta aos calificativos dirixidos ao voceiro, Castiñeira afirma que “seguiremos traballando para facer o noso traballo, non como fixo hoxe a voceira que se dedicou a facer oposición á Oposición”.