Partido Popular de Lugo

O PP de Viveiro apoia as reivindicacións dos veciños de As Pallaregas e presentará unha iniciativa no pleno para instar a reparación das dúas vías de acceso ao barrio

Manter en boas condicións as vías de comunicación que son de titularidade municipal é unha das obrigas fundamentais dos gobernos locais. En Viveiro, a alcaldesa, a socialista María Loureiro, e o seu equipo teñen demostrada unha acusada propensión a esquecer ás súas obrigas ou, por mellor dicir, a no ser capaces de atendelas. No caso das estradas hai evidencias incontestables de que é así. Como exemplo, o portavoz popular en Viveiro, Óscar Rodríguez, sinala o pésimo estado no que se atopan as dúas vías de acceso a As Pallaregas, na parroquia de Covas. Rodríguez expresa o seu apoio as reivindicacións dos veciños e anuncia que o PP presentará unha iniciativa no próximo pleno, para que o goberno de Viveiro faga as xestións necesarias para amañar canto antes as dúas estradas indicadas.

 

Os residentes no lugar de As Pallaregas están fartos de ter que circular por estradas cheas de fochancas, con puntos nos que a calzada é moi estreita e con tramos nos que parece que o Concello se esquece de levar a cabo as labores de roza. Dado que o goberno municipal no atende ás demandas dos veciños, o grupo popular presentará no próximo pleno unha iniciativa para instar o amaño destas estradas.

 

Hai puntos, segundo explica Óscar Rodríguez, nos que a situación se volve aínda máis complicada. É o caso do lugar de A Casería. Neste punto acaba a estrada, pero non hai sinal que indique tal circunstancia. Debido a elo, son numerosos os condutores que teñen que manobrar para dar a volta, non sen certas dificultades. Nesta zona hai numerosas e grandes fochancas. Os veciños din que, polas circunstancias que queden indicadas, o camión de recollida do lixo non se acerca a este punto, e os residentes teñen que cargar un tramo considerable coas bolsas de residuos.

 

Rodríguez sinala: “O goberno municipal ten que escoitar aos veciños que sofren cada día o mal estado en que se atopan os accesos a As Pallaregas. Xa que non parece querer facelo, o grupo municipal popular presentará unha iniciativa no próximo pleno na liña das demandas dos veciños: que canto antes se proceda a reparación destas vías, se complete o traballo de roza da maleza das beiras e, se é posible, se ensanche a calzada nos puntos más estreitos. Estas vías das que falamos non son dignas do tempo en que vivimos tal como as ten o Concello presidido pola socialista Loureiro”.