Partido Popular de Lugo

O PP cre que Cajoto non someteu o anteproxecto da nova depuradora de Foz á comisión de seguimento porque non se atreveu a enfrontarse á asociación San Gonzalo de Forxán

O goberno municipal de Foz ten demostrada unha sorprendente capacidade para chegar tarde e mal en case todo o que se refire á xestión dos asuntos municipais, por importantes que sexan. Un deses casos, sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, e a construción da nova depuradora de augas residuais. Sobre este asunto, unha vez máis, os populares, no pasado pleno ordinario da corporación municipal, tiveron que chamar a atención ao equipo de goberno na aprobación do anteproxecto da nova depuradora, porque este importante asunto non pasou previamente pola comisión de seguimento. O PP votou a favor, sendo coherente, da ubicación na Granda de Forxán, xunto con Foz Plataforma de Futuro.

 

Castiñeira sinala: “É moi chamativo que o alcalde levara este asunto ao pleno sen ter pasado pola comisión de seguimento da depuradora de Foz, porque é unha comisión que mesmo o propio Partido Socialista e o BNG pediron no seu día para tratar de informar tanto aos grupos como ás asociacións de veciños e aos afectados”. Engade: “Non entendemos moi ben por que no se pasou por esta comisión e sobre todo por que non se informou. É verdade que  o equipo de goberno tennos acostumados á desorganización e a traer todo tarde mal e arrastro e as presas, pero neste caso consideramos que se debe á falta de valentía do señor alcalde para enfrontarse aos veciños da asociación San Gonzalo de Forxán, aos que enganou no seu momento, antes das eleccións; agora fai unha cousa diferente ao que lles prometeu”.

 

“O  PP -di Castiñeira- segue na opción que defendeu sempre e é coherente coa elección da ubicación que fixo no seu día para a depuradora”. Segundo os populares, agora “dáse un paso fundamental; por iso votamos a favor dese anteproxecto, a pesar de que non pasou pola comisión informativa e de seguimento, pero si é certo que trae detrás a declaración de impacto ambiental, moi importante, e confirma que esa opción é a mellor”. Castiñeira lembra que “existe financiamento e compromiso por parte da Consellería de Infraestruturas”.

 

Castiñeira destaca que “neste caso o goberno local non se mantén unido, porque o BNG abstívose e deixou só ao PSOE”. A partir de agora, sinala Castiñeira, “o goberno local debe comprar os terreos e poñelos en mans da consellería, que xa confirmou que sacará a licitación o proxecto e a obra o antes posible”.