Partido Popular de Lugo

O PP de Burela lamenta que “o señor Llano levase a pleno o orzamento máis represivo dos últimos anos”

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Burela, Manuel Rouco, considera que “o señor Llano trouxo para o seu debate no pleno o orzamento máis represivo dos últimos anos para Burela: uns 7.070.000 euros cando o ano pasado aprobou unha contía presupostaria duns 7.300.000 euros e o anterior, no ano 2019, 7.440.000 euros”.

 

Os populares sinalan que “o descenso é máis que evidente”. A este respecto, explican que “conforme pasa o tempo, Burela vai diminuíndo o seu presupostos paulatinamente; cando noutros concellos da nosa contorna se incrementa de forma significativa con contías duns 800.000 euros como poden ser o caso de Ribadeo ou o de Foz, esteúltimo tamén gobernado polo PSOE”.

 

Rouco considera que “os apenas 75.000 euros en inversións reais que presenta para Burela o señor Llano rozan o ridículo”.

 

Dende o Grupo Municipal Popular vén “un claro paralelismo entre o descenso das contías presupostarias de Burela e o continuo peche de negocios na nosa vila cando noutras non paran de abrirse negocios”.

 

Os populares denuncian “a necesaria complicidade do BNG, unha vez máis” que foi “máis que evidente para sacar adiante o presuposto municipal. Convértese así nun mero apéndice do PSOE burelés”.

 

O portavoz popular condena “a actitude burlona do señor Llano respecto á situación da nosa vila demostra o pouco ou nada que lle importa Burela. Trátase da actitude propia daquelque se ve seguro de cobrar o seu soldo a fin de mes sen ter q facer ningún tipo de esforzo; moi ao contrario dos numerosos autónomos e pequenos empresarios da nosa vila que día a día teñen que saír á rúaa gañarse a vida”.