O Grupo Provincial do Partido Popular lamenta que o PSOE empregase a defensa do patrimonio cultural de Lugo “como loita partidista e non como elemento de cooperación”. Así o trasladou o deputado Agustín Baamonde, ante a moción presentada polo Grupo do PSOE, pois os socialistas eludiron, primero, aceptar a emenda dos populares para que a Deputación arranxe inmobles da súa titularidade como a Casona do Incio e, segundo, que nos seus argumentos non se incluíse ningunha actuación nesta materia levada a cabo polo organismo provincial, xa que son varias as instalacións da súa titularidade que acusan un notable deterioro como a referida.
“O mellor sería que, en lugar de facer un discurso parcial e partidista, o fixesen en clave de participación e de colaboración, acompañando as palabras con feitos”, precisou Baamonde quen afeou aos deputados do PSOE a súa versión de “tapar a súa inaptitude e inactividade”.
“Quedoulles mala conciencia”
O popular fixo esta aseveración, lembrando que, en febreiro, o PP presentou unha iniciativa pedindo, precisamente, á Deputación a implicación da defensa do patrimonio cultural provincial. Naquel momento, dixo, “escandalizáronse e rexeitárona en base á descualificación, acudindo á demagoxia e ao populismo e sen dar un só argumento e nin un só dato sobre o que están vostedes a facer. Creo que lles quedou mala conciencia e, por iso, desvían agora a súa actuación acusando á Xunta de Galicia”, remarcou.
A versión do PSOE, desmontada
Agustín Baamonde desmontou a versión dos deputados do PSOE, pois foi o Goberno galego o que creou o marco legal axeitado cunha Lei de Patrimonio Cultural “–que non votaron a favor pero si recoñeceron que supoñía un avance”-, e ten investidos 17 millóns de euros para a posta en marcha de proxectos como os Plans da Ribeira Sacra e das Catedrais, a mellora da Catedral de Lugo, o Camiño de Santiago e, no caso concreto de Caldaloba, está a executar os estudos de reconstrución.
“Isto déixaos en mal lugar”, afirmou o popular engadindo que, cando goberna o PSOE, “o Patrimonio devólveno sempre en mal estado”. Así se pode observar na Casa da Botica, situada en Guitiriz. “Cando lle poñen a man, os edificios cáenlles enriba. Se falamos da Casona, os veciños que viñeron aquí para pedir a súa axuda, botáronnos deste lugar”. É, por este motivo, “polo que creo que lles quedou mala conciencia”.
“Contradicións e falta de credibilidade”
Baamonde considera que o deputados do PSOE “non distinguen as verdades das mentiras”. Neste senso, cuestionou o papel da voceira Pilar García Porto, xa que “ser portavoz da nada é moi difícil, como tamén o é defender a inactividade dun organismo que non fai nada”. Iso é o que provoca, engadiu o popular, “entrar en contradicións” e, en consecuencia, “na falta de credibilidade”.