Partido Popular de Lugo

Daniel Vega vai a solicitar a convocatoria urxente da xunta de portavoces para que “o goberno local dea explicacións sobre os atrasos na valoración da herdanza do doutor Moreda

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo vai a solicitar formalmente a convocatoria urxente da xunta de portavoces ante os atrasos na valoración da herdanza que o doutor Moreda lle deixou ao Concello de Ribadeo para dirixir á mellora do asilo.

 

“Estamos preocupados polos atrasos tanto da vista xudicial para determinar o diñeiro que debe recibir o Concello coma da nova taxación do piso para a súa subasta porque iso suporá atrasos no comezo das necesarias obras de mellora das instalacións do hospital asilo ribadense”. Hai que lembrar que “na primeira subasta non foi vendido debido ao seu excesivo prezo.”

 

Os populares consideran necesario, polo tanto, “convocar a xunta de portavoces para que o goberno local ofreza información sobre os pasos que se deron sobre a herdanza do doutor Moreda” porque “nin os veciños nin os grupos da corporación municipal fomos informados sobre este asunto de forma oficial”.

 

Comisión de seguimento

Vega esíxelle ao goberno local do BNG “información” e agarda que “modifique a súa postura e diga que si á creación dunha comisión de seguimento para o análise da herdanza e as posteriores obras de mellora do asilo”.

O BNG votara en contra desta proposta do Grupo Municipal Popular en pleno a pesar de que si se creara unha comisión de seguimento para a construción da nova residencia pública de Ribadeo.