Partido Popular de Lugo

“Ribadeo non merece un goberno do BNG que desprece a cultura”, afirman dende o Grupo Municipal Popular

“Ribadeo non merece un goberno do BNG que desprece a cultura”. Así o indican dende o Grupo Municipal Popular de Ribadeo que, a través da edil Elena Sierra, piden explicacións á concelleira de Cultura polo “abandono” no que o Concello ten o Forte de San Damián.

 

Neste senso, a popular considera “unha falta absoluta de respecto aos ribadenses e ás familias que doaron de boa fe este patrimonio que dende o goberno local se continúe sen dicir nada ao respecto”.

 

Dende o PP, e co obxectivo de por en valor esta infraestrutura, volven a interesarse por este asunto, denunciando que “os que máis presumen de defender a cultura resulta que son os que máis a atacan directamente, tal e como acontece con este elemento, deixando pudrir as valiosas pezas que alberga”, afirma Sierra.

 

O mellor exemplo de arquitectura militar

O Porte de San Damián está situado na boca da ría, a poucos metros do Cargadoiro, pasando pola Ponte do Santos. É o mellor exemplo de arquitectura militar de Ribadeo, que data de 1624. A súa misión era protexer a entrada da ría ante posibles ataques por mar. Logo de ser restaurado, conserva o muro exterior co seu bastión, as tronas e os contrafortes. Hoxe funciona como sala de exposicións municipal.