Partido Popular de Lugo

Montse Seijo urxe arranxar a vía municipal de saída da vila mariñeira de Rinlo

A popular Montse Seijo, coordinadora do rural, únese ás reclamacións “que levan facendo os veciños de Rinlo dende fai moito tempo” e urxe ao goberno local a arranxar a vía de saída desta parroquia ribadense.

 

A popular denuncia o estado intransitable no que se atopa a carretera de saída  desta parroquia do noso concello e reclama unha solución para esta vía municipal; xa que “os veciños de Rinlo pagan os seus correspondentes impostos”.

 

Seijo sinala que son moitas as estradas de titularidade municipal que se atopan en mal estado nas distintas parroquias de Ribadeo. E, nesta ocasión, achegouse a coñecer a situación de Rinlo e considera “inadmisible o penoso estado desta estrada o que dá unha mala imaxe aos turistas que visitan esta vila mariñeira”.

 

O Grupo Municipal reitera ao goberno do BNG que “elabore un plan de infraestruturas serio para o noso concello”.