Partido Popular de Lugo

O PP destaca que a candidatura da Ribeira Sacra “está construída dende o consenso entre administracións de distinto signo político e a sociedade civil”

O Partido Popular da provincia manifesta que a candidatura da Ribeira Sacra “está construída sobre o consenso entre administracións de distinto signo político e a sociedade civil”. Así o indican os populares logo das declaracións realizadas pola voceira do BNG en Galicia, Ana Pontón, demostrando con elas que “actúa cunha gran irresponsabilidade ao cuestionar, precisamente, este traballo colaborativo por simple interese político e curtoplacista”.

 

Dende o PP, que dirixe Elena Candia, remarcan que a designación “segue en pé” e que Goberno e Xunta de Galicia “seguen traballando”, pois, engaden, “esta candidatura situou no panorama internacional a Ribeira Sacra”.

 

Neste senso, os populares lucenses defenden que a folla de ruta pasa pola implicación conxunta de todos os colectivos e de todas as administracións, tal e como se está a facer ata o de agora. “Cremos que ese é o camiño”, afirman.

 

Por este motivo, consideran que o que non se pode é actuar, precisamente, como o está a facer nacionalista. “Non debemos prexudicar á esta zona, a súa candidatura e os seus veciños con declaracións que son o que verdadeiramente poden danar esta designación”, conclúen.