O Partido Popular pregunta ao Goberno central por que agora recoñece un retraso de 2 anos na A-54 cando hai dous meses insistía en que as obras estarían listas en 2022. Será a través da iniciativa que veñen de rexistrar os senadores lucenses, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela, co fin de que o Executivo de Sánchez confirme se están facendo os esforzos necesarios para rematar esta infraestrutura “indispensable para a vertebración de Lugo e de Galicia”.
Ao abeiro dos feitos, os populares consideran que “o que queda claro é que diciamos a verdade cando xa anticipabamos este retraso logo das cativas partidas que incluíu Pedro Sánchez nos orzamentos para a nosa provincia, e que quen mentía e segue mentindo é o presidente do Goberno e os socialistas que representan a Lugo en Madrid”.
Concretamente, e como é sabido, o Executivo prevía finalizar a A-54 en maio do vindeiro ano, doce anos despois da data que inicialmente estaba prevista no chamado Plan Galicia. Dende o PP argumentouse en distintas ocasións que non se estaba detectando movemento suficiente para rematar as obras nese prazo e que, conforme aos cálculos de inversión mensual realizados polo propio ministerio de Transportes, a autovía non podería estará concluída ata 2026.
Escusas
Fronte a isto, o Executivo continuou insistindo na data de 2022, “pero é agora cando dá un paso atrás e recoñece que se equivocou e que os populares tiñamos razón”. A este respecto, os senadores consideran que, ademais, “os motivos que alegan non son máis escusas que serven unicamente para rachar, unha vez máis, o compromiso cos lucenses e cunha provincia que, sen ningún tipo de dúbida, é unha das grandes s por este Goberno que temos”.