Partido Popular de Lugo

O PP de Vilalba destaca o apoio da Xunta á renovación do parque infantil da alameda Basanta Olano

O Partido Popular de Vilalba pon en valor o apoio da Xunta de Galicia para a renovación do parque infantil da alameda Basanta Olano ao achegar o 70% do orzamento. “É unha mostra da aposta do Goberno galego polo noso municipio”.

 

Os populares destacan “a boa disposición da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia por colaborar no financiamento da execución das obras de renovación deste parque infantil para recuperar este espazo de lecer ao aire libre en condicións de seguridade para os máis pequenos de Vilalba”. O PP vilalbés xa reivindicara a súa adecuación tras manifestar a súa preocupación polo “estado de abandono no que se atopa privando aos nenos e nenas de facer uso deste recurso; ademais de supoñer unha mala imaxe para a zona”.

 

O PP defende que “tódolos parques dos que dispón Vilalba deberían estar en condicións óptimas para o seu uso contribuíndo a que as familias dispoñan de máis espazos a onde acudir cos nenos e nenas e, polo tanto, se lles facilite o cumprimento das medidas anti-covid”. Non entenden os populares “a desidia do goberno local en relación a este parque en concreto, moi concorrido antes da pandemia”.

 

Parque infantil de diante do Concello

Os populares explican que “a mellora realizada o ano pasado no parque infantil que se atopa na parte alta da praza da Constitución, fronte á Casa do Concello, contou cunha achega de máis de 33.000 euros por parte da Xunta, que supuxo tamén o 70% do orzamento”.