Partido Popular de Lugo

Castiñeira acusa a Caballero de usar a Deputación de Lugo para intentar arranxar os problemas do PSOE na provincia, en caída libre na aceptación dos lucenses

O PSOE confunde con moita frecuencia as cuestións de partido cos asuntos institucionais, como queda demostrado dende o Goberno presidido por Pedro Sánchez a algúns dos máis pequenos concellos nos que os socialistas teñen o bastón de mando. En Galicia, os problemas polos que atravesa o PSOE agravan esta confusión intencionada, coa que tratan de suturar baixo o paraugas institucional os problemas de partido. Hoxe deuse en Lugo outro deses intentos. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Temos que lamentar novamente que o Partido Socialista use a Deputación como a súa sede de partido, algo que acostuma a facer, que xa denunciamos no seu momento e que se volve repetir. Hoxe novamente o señor Caballero visita ao señor Tomé na Deputación de Lugo para intentar arranxar problemas de partido”.

 

Castiñeira sinala: “Entendemos que é unha reunión para intentar arranxar os múltiples problemas do Partido Socialista, pero para iso debería ter  unha sede e usala e non a sede da institución de todos os lucenses. Como saberá o señor Caballero, os lucenses xa lle dixemos que non,  e por iso é a terceira forza política nesta provincia. Se o señor Caballero quere visitar Lugo o mellor é que visite a sede do Partido Socialista; se quere  resolver os problemas do Partido Socialista, os múltiples problemas que ten na provincia de Lugo por falta de liderado e de moi mala imaxe, con moi malos datos nas enquisas, lle pedimos que o faga na sede do PSOE”.

 

No PP din que Caballero intenta enganar aos lucenses con falsas visitas institucionais, “porque ao que vén o señor Caballero é a intentar ordenar o seu partido na provincia; esta non son formas”.

 

Castiñeira declara: “A Deputación de Lugo é moi importante como institución e non imos permitir que se mesturen os problemas do Partido Socialista  cos da Deputación; é certo que os problemas do PSOE afectan á Deputación e a un mal goberno, que é incapaz de solucionar os problemas de Lugo, como vemos en asuntos como as residencias ou a reactivación económica. Non queremos que se mesturen os problema do Partido Socialista cos propios de todos os lucenses”.