Partido Popular de Lugo

Os mestres do conservatorio de Monforte trasladan ao PP no Parlamento a tensión que están a vivir a consecuencia das decisións de Tomé

Os mestres do conservatorio de Monforte de Lemos, acompañados da voceira do PP monfortino, Katy Varela, mantiveron a primeira hora desta mañá unha reunión de traballo cos deputados do Grupo Parlamentario do PP, na que lles trasladaron aos integrantes desta formación a tensión que están a vivir a consecuencia das decisións de Tomé, e que incluíron, entre outras medidas, a apertura de varios expedientes por empregar medios propios nas súas clases.

 

Malia coincidir coa sesión plenaria da Cámara galega, a deputada Elena Candia, quixo recibir aos docentes, co fin de escoitalos e de buscar solucións que palíen a situación de indefensión na que se atopan. “Lamento profundamente a situación. Nun caso coma este considero que se debe de apostar polo diálogo e non pola imposición”, manifesta a popular.

 

Os conservatorios en Galicia son de titularidade municipal, como remarcou Candia, pero réxense pola normativa de Educación. Neste senso, Candia comprometeuse a trasladar aos órganos competentes a situación particular de Monforte para que se valore se existe algunha vía de colaboración que poida mellorar o desenvolvemento e funcionamento deste e do resto de centros de formación musical.

 

Pola súa banda, Katy Varela explicou que xa presentaron o escrito que acordaron cos sindicatos e o resto de grupos da oposición para que o socialista suspenda os expedientes sancionadores e que abra unha mesa de diálogo na que estean presentes os mesmos, ademais do Concello, para elaborar un regulamento común e que se axuste ao que reclaman os docentes.

 

Tanto a voceira local como a deputada no Parlamento e presidenta provincial ratificaron o apoio do PP ás súas demandas e puxéronse novamente á súa disposición, manifestando ao mesmo tempo o seu rexeitamento ao comportamento de Tomé Roca. Finalmente, os populares agardan que o socialista convoque a todas as partes canto antes para procurar unha normativa que regule o funcionamento do centro e abandone “dunha vez por todas a política de enfrontamento