Partido Popular de Lugo

O PP consegue o apoio co Congreso para a creación da Unidade de Prevención e Reacción na Comisaría da Policía Nacional de Lugo

O Grupo do Partido Popular no Congreso dos Deputados consegue o apoio do Congreso na Comisión de Interior para a creación da Unidade de Prevención e Reacción na Comisaría da Policía Nacional de Lugo.

 

O lucense Joaquín García Díez foi o encargado de defender esta proposta que “no solo la hemos planteado desde el Partido Popular, sino que también han sido muchas las voces de sindicatos policiales o de la Federación de Asociacións de Vecinos de la provnicia que se han sumado a esta demanda”. Ambos colectivos xa expresaran publicamente a necesidade de que a cidade albergase este servizo, pois non é de recibo que a provincia de Ourense, con 25.000 habitantes menos que a de Lugo, si que conte con esta UPR.

 

García Díez sinalou que “Lugo viene padeciendo un grave problema de falta de efectivos en los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado que puede paliarse parcialmente con la puesta en marcha, al menos, de dicha unidad de intervención rápida en materia de seguridad ciudadana”.

 

A súa creación permite colaborar, ademais, con outras unidades policiais, algunhas xa implantadas como a Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras, en relación coa inmigración ilegal. Así mesmo, remarcou que “la implantación de una UPR como refuerzo a otras comisarías en la provincia como Viveiro y Monforte, muy disminuidas de personal, resultará de suma importancia; así como su intervención ante hechos imprevistos de suma gravedad, atentados, amenazas terroristas o catástrofes públicas”.

 

O popular denunciou “o desmantelamento da sala do 091 na nosa provincia como un exemplo máis do castigo do Goberno de Sánchez á provincia de Lugo”. De feito, o servizo foi centralizado dende A Coruña sen dotalo de máis persoal, o que supón, segundo o SUP, que se perdan 400 chamadas ao día.

 

Lugo, a única provincia sen UPR

As UPRs son dispositivos de intervención rápida para apoio en cuestións relacionadas coa seguridade cidadá. Concíbense como dotacións destinadas á prevención, mantemento e, no seu caso, ao restablecemento da orde pública dotadas cunha estrutura prefixada e medios suficientes para acometer con solvencia as funcións específicas que lle son propias. Algúns casos son labores preventivos ante determinadas actividades delitivas e actuacións en puntos negros, como o tráfico de drogas, armas brancas, identificación de sospeitosos ou reclamados pola Xustiza, vehículos roubados, etc.

 

A súa creación permitirá colaborar, ademais, con outras unidades policiais ou servizos e institucións en dispositivos puntuais como espectáculos públicos, deportivos, eventos sociais como soen ser frecuentes en festividades locais de gran afluencia de xente, como pode ser o San Froilán, o Arde Lucus ou o Resurrection Fest.

 

A petición dos populares arguméntase tamén en que na cidade non existe unha Unidade que poida facer fronte, coa dotación de medios humanos e materiais, e coa preparación técnica que se require, a grandes concentracións ou manifestacións polo que hai que empregar unidades de outras plantillas, “siendo, por tanto, la única ciudad de Galicia sin este servicio”.