Partido Popular de Lugo

Elena Sierra critica a pasividade do goberno local ante o abandono e os destrozos da área recreativa de Vilaframil

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, sinala a área recreativa de Vilaframil como outro exemplo máis do abandono no que mantén o goberno local do BNG ás areas do municipio. A popular critica a este goberno municipal “pasivo” que “anuncia y anuncia, pero nunca hace nada lo que es una buena indicación de como trabaja el equipo de gobierno local”.

 

A área recreativa de Vilaframil fora construída polo goberno do Partido Popular e conta con edificacións e servizos. Atópase nunha “zona idílica para disfrutar de la compañía de amigos y familiares en plena naturaleza”; pero, lamentablemente, “se encuentra totalmente destrozada”.

 

“Ante un no constante a nuestras peticiones de mantenimiento y limpieza, desde el Grupo Municipal Popular seguiremos insistiendo porque creemos que merecemos un Ribadeo limpio y con áreas recreativas acondicionadas, sobre todo, ahora que se acerca el buen tiempo”.

 

Traballo conxunto
O Grupo Municipal Popular ribadense cre que se lles debe dar un uso a estas instalacións para non deixar perder o diñeiro público investido neste área recreativa e, para iso, defende un traballo conxunto dos distintos grupos da corporación para reverter a mala imaxe que supón para Ribadeo o estado de abandono da área que, ademais, está situada fronte ás praias.