Partido Popular de Lugo

Katy Varela: “Tomé é o alcalde máis antidemocrático que tivo Monforte”

O alcalde exhibíu, unha vez máis, a súa prepotencia no pleno deste mes e a súa falta de talante político”. Tal é así que, a voceira do PP, Katy Varela, manifesta que “Tomé e o rexedor máis antidemocrático que tivo Monforte”. A popular amósase moi crítica coa forma que ten de entender o socialista o seu cargo, pois este negouse na sesión plenaria a mellorar o sistema de recollida do lixo, á limpeza dos regatos e a ampliar a contratación de máis persoal para prestar unha atención axeitada aos usuarios con necesidades especiais dos campamentos de verán.

 

Ademais de non dar explicacións sobre a subvención concedida á empresa adxudicataria da xestión do Centro do Viño,  Albergue Santiago 15 S.L, incluída na liña de axudas convocada pola entidade local para favorecer a reactivación económica, tamén declinou pronunciarse sobre o rogo no que os populares pedían ao equipo de goberno que mellorase o sistema de recollida de lixo e a dar máis facilidades aos veciños para o seu depósito.

 

O Grupo Municipal Popular fixo esta petición unha vez constatadas as queixas dos veciños. Consideran que a recollida a través do cubeo debería de resultar máis hixiénica, xa que só así se evitaría que as bolsas permanecesen na rúa a horas indebidas e, sobre todo, durante o tempo no que as altas temperaturas son máis elevadas.

 

Son moitas as persoas que teñen dificultade para deixar o seus residuos durante as horas establecidas, ou ben porque non están nos seus domicilios, ou ben porque son negocios que pechan antes de que pase o camión de recollida. Por outra banda, en determinadas zonas existe “certo privilexio” na distribución dos colectores fixos como pode ser a rúa Morín, onde existen varios a poucos metros. Para corrixir este “agravio” e facilitar o depósito, os populares pedían ao alcalde pactar coa empresa adxudicataria algunha solución como ampliar o horario de recollida ata colocar máis colectores fixos ou incluso soterrados, como os instalados recentemente para a reciclaxe. Finalmente, lamenta Katy Varela, “Tomé dixo que non nos contestaba e, moito nos tememos que nin está, nin se lle espera”.

 

En contra de limpar os regatos

Relacionado con esta materia, o equipo de goberno tamén votou en contra de iniciar os trámites correspondentes para sanear as regueiras, fundamentalmente as coñecidas como Malloado, río Seco e Zapardiel. Os populares monfortinos xa se dirixiran en distintas ocasións ao alcalde socialista por este motivo. A finais de 2020 pediran tamén a roza e saneamento das mesmas pero, tanto nesa data, coma no pleno deste mes, o PP obtivo os votos en contra dos dirixentes locais.

 

Desentendemento dos que máis o precisan

Tomé Roca e o seu equipo de goberno tamén se opuxeron a ampliar o prazo de solicitude e a contratación de persoal para prestar unha atención axeitada aos nenos e nenas con necesidades especiais que participan nos campamentos de verán.

 

A portavoz popular remitira o pasado día 20 un escrito ao alcalde no que lamentaba a escaseza de prazas para nenos e nenas con necesidades especiais. E é que as familias afectadas non entenden por que esta limitación de prazas nun ano no que hai máis recursos económicos e no que dende o goberno local presume de incrementar as prazas ofertadas. Varela lamenta “o non polo non dos socialistas”, engadindo que “non se pode presumir de inclusión e na práctica limitar a participación de nenos e nenas neste tipo de actividades”, concluíu.