Partido Popular de Lugo

O PP cualifica de “inversión clave nunha infraestrutura fundamental” as obras de reforma anunciadas pola Xunta no Hospital de Monforte

O PP de Monforte expresa a súa satisfacción polas melloras que van ser executadas pola Xunta no hospital e pon en valor a positiva repercusión que terán na atención da poboación á que serve. A portavoz popular, Katy Varela, resalta a importancia que terá a execución das primeiras obras xa adxudicas, segundo anunciou o pasado venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na presentación da nova directora do distrito sanitario de Monforte, Inmaculada Ramos.

 

Varela pon en valor a reforma que vai ser acometida no hospital monfortino. As obras adxudicadas teñen un orzamento de 1,4 millóns de euros e afectarán ao hospital de día, onde, entre outras cousas, se aplican os tratamentos de quimioterapia e está o servizo de farmacia. É relevante destacar igualmente que a planificación das obras está feita de maneira que non será necesario deter a actividade nin trasladar pacientes a outros centros.

 

As obras xa adxudicadas enmárcanse nun proxecto moito máis amplo, de maneira que a reforma total custará uns 15 millóns de euros e suporá cinco anos.

 

Varela cualifica de “inversión clave” a que se vai efectuar no hospital de Monforte, unha infraestrutura fundamental para a comarca.