Partido Popular de Lugo

O PP cre que o goberno provincial intenta “ocultar responsabilidades” na demolición da Casa da Botica de Guitiriz e por iso aínda non deu acceso ao expediente

O grupo provincial do PP sigue moi de cerca, na súa labor de control, o ocorrido coa Casa da Botica de Guitiriz, convertida actualmente nun montón de escombros. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Tal como anunciou o grupo provincial do PP, con respecto a demolición imprevista da Casa da Botica de Guitiriz, pedimos acceso á documentación tanto a Patrimonio da Xunta como á Deputación. A pesar de pedilo moito antes á Deputación, hoxe só puidemos revisar a da Xunta, en Patrimonio de Lugo, poucos días despois de solicitalo, o que agradecemos”.

 

Castiñeira declara: “Queda claro que o proxecto recollía a rehabilitación do edificio orixinal, que finalmente foi demolido. Non se fixeron ben as cousas por parte da Deputación, que non protexeu debidamente as fachadas e deixou que as inclemencias do tempo destruísen sen impedimento algún a edificación; unha edificación que está catalogada no PXOM de Guitiriz e de obrigada conservación, a día de hoxe está no chan”.

 

O portavoz popular mostra a súa preocupación porque “non sabemos nada dos elementos singulares deste edificio”. Explica cales son: “A lareira, as xambas das portas e das ventás, o reloxo de sol da fachada, que Patrimonio ordenou desmontar a man. A verdade é que vendo as máquinas encima dos escombros, parece que as cousas non se fixeron do xeito que pedía Patrimonio”.

 

Castiñeira sinala: “Contrariamente á dilixencia da Xunta de Galicia, a Deputación aínda non deu acceso ao PP á documentación a día de hoxe, polo que entendemos que trata de ocultar responsabilidades neste expediente, que é unha verdadeira chapuza, sometida a derribos imprevistos e a retrasos reiterados”.