Partido Popular de Lugo

Tito Suárez considera “moi importante” para Ribadeo o Illa Pancha Challengue, pero cre que “non é o momento para a súa celebración”

O responsable de deportes do PP ribadense, Tito Suárez, únese ás queixas do ámbito deportivo e hostaleiro en relación á celebración do Illa Pancha Challengue. O popular considera “moi importante” este evento para a vila de Ribadeo e entende que “non se debe perder”; pero considera que “agora mesmo non é o momento nin a situación para a súa celebración”.

 

Tito Suárez sinala que “o deporte está parado, a hostalería cerrada e a comunidade autónoma tamén está pechada perimetralmente e con restricións de mobilidade”. Por iso, di que “é unha falta de respecto tanto ao noso deporte coma á nosa hostalería e incluso aos veciños que está a cumprir con creces as restricións marcadas polas autoridades sanitarias” tendo en conta que “algúns participantes veñen doutros países tamén afectados pola pandemia”. O popular engade, ademais, que “a autoridade autonómica en materia de deporte non tiña coñecemento da celebración deste evento”.

 

O responsable do PP ribadense en materia de deporte advirte da “ausencia do goberno municipal do BNG” que se aprecia “na falta de información e colaboración co tecido económico local e co noso deporte” nun momento no que os esforzos se deben centrar no reforzo da imaxe dun Ribadeo seguro fronte á covid-19.