Partido Popular de Lugo

O PP defenderá na Deputación unha moción para instar ao Goberno central a corrixir o proxecto da Lei de Cambio Climático, para que non penalice concesións do sector mar-industria

O PP considera que  a intransixencia enerxética e a obsesión do Goberno presidido por Pedro Sánchez por seguir cunha loita ideolóxica e fundamentalista en contra da industria esta levando á provincia de Lugo a unha situación critica. O grupo provincial popular anuncia que levará á próxima sesión plenaria da Deputación unha moción para instar ao Goberno central a corrixir os artigos do proxecto da Lei de Cambio Climático que penalizan as concesións e para que acepte as alegacións do sector mar-industria.

 

O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Acabamos de recibir unha moi mala noticia co fracaso das probas con biocombustible en Endesa-As Pontes, que tomou a decisión definitiva de cerrar a central despois da suba do imposto ao CO2 que impuxo o Goberno,  algo que afecta a centos de traballadores e transportistas chairegos que dependían dese centro produtivo”. Destaca que, “por outro lado, o Goberno de Sánchez sigue enganando á industria electrointensiva ao aprobar un estatuto absolutamente insuficiente e que hipoteca o futuro de industrias coma a de Alcoa-San Cibrao, pendente precisamente dun acordo de venda, e, o que é mais grave, coa condescendencia do PSOE lucense”. Os populares recordan tamén que “o acordo do brexit penaliza á flota lucense do Gran Sol que o mesmo Goberno deixou á deriva”.

 

Castiñeira considera que “o mais grave é que por enriba seguen coa idea de tramitar unha Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética que na costa de Lugo pode crear enormes problemas de seguridade xurídica e viabilidade nas inversións a medio e largo prazo”. Neste sentido recorda que “fai exactamente un ano o grupo provincial levou unha moción de urxencia para tratar de parar o borrador de tan nefasto proxecto de modificación da Lei de Costas, debate que foi denegado polo propio goberno provincial coa desculpa de que era un borrador”.

 

O portavoz provincial dos populares di: “Agora é unha realidade no Congreso dos deputados en período de alegación. Se isto non se cambia, moitas empresas lucenses, como varias piscifactorías en San Cibrao e Xove, cetarias e incluso infraestruturas públicas coma depuradoras existentes ou en proxecto, algún colexio e mesmo parques infantís en zonas de costa podería estar afectados e entrarían nun proceso de inseguridade xurídica polo cambio dos prazos de concesións, que sería moi grave para os intereses de A Mariña”.

 

Á vista da actual situación, o grupo provincial do PP defenderá no próximo pleno unha moción para instar ao Goberno central a efectuar os cambios necesarios no proxecto da citada normativa. Castiñeira di que o PP “espera que o PSOE non faga coma no caso do estatuto electrointensivo e nesta ocasión diga que está de acordo coas alegacións en Lugo e despois en Madrid faga o contrario”.