Partido Popular de Lugo

Novas iniciativas dos deputados lucenses e ourensáns do PP para reivindicar a execución das obras da autovía A-56, entre Lugo e Ourense

Os deputados populares no Congreso pola provincia de Lugo, Jaime de Olano e Joaquín García Díez, e pola de Ourense, Ana Vázquez e Celso Delgado, comezaron o presente ano cunha ofensiva parlamentaria reivindicativa da moi necesaria autovía A-56 (Lugo-Ourense) consistente na presentación de preguntas ao Goberno. Os parlamentarios asumen as fundadas reivindicacións dos alcaldes dos concellos lucenses e ourensáns afectados e tamén dos colectivos sociais e empresariais que integran a Plataforma da A-56. Demandan que se dediquen a esta autovía as cantidades que estaban consignadas nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018, baixo a presidencia de Mariano Rajoy.

 

A autovía A-56 entre Lugo e Ourense está proxectada como un eixo  vertebrador do interior de Galicia e foi planificada como unha vía  de nova construción, que parte da autovía Lugo-Santiago, en Guntín, e chegará ata a autovía A-52 en Ourense. A súa construción beneficiará a 250.000 habitantes.

 

O 23 de setembro de 2020 efectuouse a posta en servizo do tramo da autovía A-56 entre A Barrela (Carballedo) e San Martiño (Vilamarín). Como é sabido, este tramo tivo un largo e  tortuoso  historial. É de lembrar que as obras foron adxudicadas polo Ministerio de Fomento o 12 de agosto de 2008 e o 22 de xullo de 2010, o entón ministro José Blanco anunciou a rescisión dos contratos. Finalmente se retomaron as obras en xullo de 2015, sendo ministra Ana Pastor. Despois, a obra tivo varias complicacións, entre elas un modificado do viaduto sobre o río  Búbal, o que, xunto a outros factores, implicou unha enorme demora do prazo de conclusión.

 

A pesar da  apertura do tramo citado, a preocupación polo futuro desta autovía é moi grande, tendo en conta a situación na que se atopan o resto dos tramos, confirmado polas nulas ou ínfimas dotacións que o Goberno socialista incluíu na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021. Os deputados do GPP presentaron no trámite parlamentario emendas para elevar as dotacións de diferentes tramos desta autovía, pero foron rexeitadas por la maioría gubernamental.

 

Os deputados lembran algunhas dadas respostas das polo Goberno. Din así que o Ministerio de Fomento, o 27 de abril de 2010, contestou a unha pregunta formulada por estes deputados, que se interesaban pola situación administrativa dos proxectos de todos os tramos da autovía A-56, dicindo: “Los proyectos de trazado de A Barrela-Chantada; Taboada-Narón y Narón- Guntín ya ha sido sometidos a información pública a efectos de la Ley de Expropiación Forzosa y han sido aprobados definitivamente, estando en redacción los proyectos constructivos y pendientes de su aprobación”. E engadía: “el proyecto de trazado del tramo Chantada-Taboada  ha sido sometido al trámite de información pública a efectos de la Ley de Expropiación Forzosa habiendo sido aprobado definitivamente según el BOE de 2/6/2009 y se ha redactado el proyecto constructivo que ha sido aprobado con fecha 23/10/2009”. Pois ben, máis de dez anos despois, nada se avanzou e todo indica que o MITMA ten totalmente abandonados estes tramos.

 

O populares indican que ademais desapareceron na recentemente aprobada Lei de PGE para 2021 as consignacións para os tramos lucenses. Valga como exemplo o ocorrido no trámite parlamentario desa lei. Os deputados populares piden explicacións ao Goberno pola non inclusión nos PGE 2021 dunha partida para o intercambiador de Guntín, Lugo, entre a A-54 e a A-56 e que nos PGE-18 dispoñía de 2,5M€. Pois ben o 11 de novembro de 2020 o MITMA respondeu do seguinte modo: “Para avanzar en la redacción de  los  proyectos de  los tramos  pendientes de la autovía A-56 Lugo-Ourense: Quintela- A Casilla- Cambeo-San Martiño, se consignan 200 mil euros. El intercambiador de las autovías A-54  y A-56  y conexión con las  carreteras  N-547  y  N-540 en Guntín queda englobada dentro del tramo Guntín-Narón de la autovía A-56,  cuyo  proyecto  requiere actualización”.

 

Fálase pois dunha actualización que non acaba de executarse. Por iso, os deputados populares preguntan  en que situación administrativa e que previsións ten o MITMA en 2021 para avanzar no tramo da autovía A-56 A Barrela- Chantada. Queren saber tamén en que situación administrativa e que previsións ten o MITMA en 2021 para avanzar no tramo Chantada-Taboada cuxo proxecto construtivo foi aprobado no ano 2009. A mesma pregunta fan para coñecer as previsións para Taboada-Narón.

 

Igualmente, interésanse por saber que pasos deu ata a data e dará en 2021 o Goberno para actualizar o proxecto do intercambiador das autovías A-54 e A-56 e a conexión coas estradas N-547 e N-540 en Guntín, que está englobado dentro do tramo Guntín-Narón da autovía A-56.