Partido Popular de Lugo

O PP de Xermade urxe ao goberno local a solucionar o problema do alumeado público en Roupar porque “non funciona dende que se instalou a iluminación de Nadal”

O voceiro do Partido Popular de Xermade, Antonio Riveira, urxe ao goberno local  “a dar solución o antes posible ao problema co alumeado público do núcleo de A Criba, na parroquia de Roupar, que deixou de funcionar dende fai uns días cando se conectou a instalación das luces de Nadal”. Os populares pídenlle explicacións ao goberno porque a instalación das luces decorativas de Nadal foi contratado a outra empresa distinta da que fai o mantemento do alumeado público. De feito, preguntan “se a empresa responsable do mantemento do alumeado público coñece a situación xerada”.

 

O popular lamenta que “non estea a funcionar neste lugar nin o alumeado público nin tampouco aos puntos do alumeado instalado con motivo das festas de Nadal” e apunta que “o problema se pode deber á nova instalación de alumeado provisional”.

 

O voceiro popular adianta que o Grupo Municipal do PP preguntará no vindeiro pleno polos detalles da instalación do alumeado de Nadal. Nese sentido, o documento recolle preguntas sobre o contrato e a empresa á que o goberno local contratou o alumeado de Nadal ou o coste da instalación, entre outras cuestións.