Partido Popular de Lugo

O PP pide na Deputación que as subvencións ás que tiveron que renunciar asociacións e clubs deportivos pola covid vaian tamén no 2021 a apoiar actividades do tecido asociativo

O grupo provincial do PP pon de manifesto as dificultades que atopan as asociacións e clubs deportivos a causa da covid e que resulta fundamental para a provincia manter este tecido asociativo. Debido á pandemia, moitas destas entidades tiveron que renunciar a subvencións da Deputación e eses cartos pasarán a remanente. Os populares queren que eses cartos sexan utilizados no 2021 para suplementar actividades dos indicados colectivos.

 

O portavoz provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, sinala: “Dentro da labor de control que efectúa na Deputación de Lugo, estamos vendo moitas renuncias a subvencións nominativas por parte de diferentes clubs e asociacións deportivas, que as solicitaron para diferentes eventos que debido á covid-19 non se puideron levar a cabo. Esas axudas causarán remanente e tememos que o  goberno provincial as use  para seguir coa súa política de sectarismo e dedicar eses cartos  a fines que entendemos que non son os adecuados neste momento”.

 

Castiñeira di: “Solicitamos ao goberno da Deputación que non use ese remanente, que poden causar todas esas subvencións que ían para o eido asociativo,  e se dediquen a suplementar as actividades do próximo ano, que sería o óptimo, porque tememos que moitas asociacións e clubs necesitarán toda esa axuda, porque 2020 foi un ano difícil e complexo para a súa supervivencia. Todo o apoio que se lles dea no 2021  benvido sexa; o PP entende que é moi necesario seguir mantendo forte ao tecido asociativo, o tecido deportivo”.

 

   O portavoz popular avisa: “Se todo ese remanente o gastamos agora a fin de ano en atender compromisos do presidente, como vimos que pasou co fondo extraordinario da covid, que ao final foi usado para  axudar a concellos da súa cor político, non sería xusto nin estaría ben visto no terreo deportivo lucense”.