Partido Popular de Lugo

O PP expresa a súa total oposición á supresión do Alvia diurno a Barcelona e insta a Tomé a reclamar do Goberno o mantemento do servizo

O grupo provincial e os senadores lucenses do PP expresan a súa máis rotunda oposición á pretensión de Renfe de suprimir o servizo diurno de tren Alvia a Barcelona, dada a coñecer por algúns medios de comunicación. O viceportavoz popular, José Antonio García, anuncia a presentación dunha iniciativa na Deputación para instar ao goberno provincial a dirixirse ao Goberno, presidido por Pedro Sánchez, para reclamar o mantemento do citado servizo ferroviario. Pola súa parte, os senadores lucenses do PP presentarán varias preguntas ao Goberno en relación con este asunto.

 

José Antonio García, viceportavoz provincial do PP, argumenta que, segundo as informacións publicadas, Renfe xa non ten á venda billetes para o Alvia diurno que conecta Galicia e Barcelona,  a partir do próximo día 13. Pese a que, sempre segundo as informacións publicadas, Renfe asegura que se trata dun bloqueo temporal, mentres remodela o itinerario, os populares, á vista das pasadas experiencias, temen que, realmente, o que pretende é a supresión do servizo. Para viaxar a Barcelona habería que viaxar primeiro a Madrid, e desprazarse da estación de Chamartín á de Atocha. García indica que, sempre segundo as mesmas informacións, o prezo do viaxe incrementaría entre 10 e 30 euros.

 

García sinala: “Ante este novo anuncio, queremos denunciar que o Goberno socialista e podemita presidido por Pedro Sánchez toma outra vez como escusa a pandemia para desmantelar parte dos servizos ferroviarios de Galicia, e sinaladamente da provincia de Lugo; eliminar esta liña sería un gran prexuízo para moitos galegos, en xeral, e en concreto para moitos lucenses”. Engade: “É unha mostra máis da falta de aposta de Sánchez pola nosa provincia e polo tren dos galegos”.

 

O mesmo representa do PP destaca: “Este tren é utilizado, polos galegos en xeral e concreto polos lucenses, non só para viaxar a Barcelona, senón a outras partes de España mediante os correspondentes enlaces”. García di: “É ruín aproveitar a situación creada pola pandemia para recortar aínda máis os servizos ferroviarios á provincia de Lugo”.

 

Para os populares, a alternativa que, aínda entre néboas, parece preparar Renfe non é admisible. “Resultaría máis cara para os viaxeiros e de todo falta de realismo; ir de Lugo a Barcelona pasando por Madrid é un disparate e un despropósito”.

 

José Antonio García declara: “Opoñémonos rotundamente a que siga o desmantelamento dos servizos ferroviarios na provincia de Lugo. Instamos ao presidente da Deputación, José Tomé, a defender os intereses da provincia fronte á aldraxe continua por parte do Goberno socialista e podemita”. O viceportavoz popular lembra que Tomé votou en contra das emendas do PP para mellorar os orzamentos xerais do Estado en relación con Lugo, e sinala: “Agardamos que esta vez, por unha vez, defenda os intereses de Lugo e non actúe como peón, como gregario, do Goberno de  Sánchez”

 

 

Preguntas no Senado

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela, preguntarán ao Goberno polos planes de Renfe para o servizo diurno de Alvia entre Galicia e Barcelona.

 

Os senadores populares queren saber con base en que criterios decidiu Renfe eliminar estas liñas de tren, e como pensa substituír  a conexión entre a provincia de Lugo e León sen duplicar os tempos actuais.

 

Igualmente, os senadores populares interésanse por coñecer porque a operadora ferroviaria Renfe decidiu suprimir este tren o 13 de decembro uns días antes das vacacións de Nadal. Preguntan se Renfe pode asegurar que vai ofrecer alternativas viables e de calidade aos viaxeiros, de maneira que o cambio non implique un prexuízo económico ou de incremento de tempo de viaxe.

 

Os populares tamén preguntan que opcións baralla Renfe para viaxar directamente de Galicia a Pamplona.

 

O PP indica: “Asimismo, llama poderosamente la atención que esta decisión se ponga en vigor el 13 de diciembre, una semana antes de que termine el curso universitario, dejando sin opciones a cientos de estudiantes de Lugo y de Galicia que estudian fuera de este territorio y que se quedan sin opciones para volver a sus domicilios por Navidad. En este punto, es preciso recordar las dificultades que los jóvenes lucenses que estudian en otros puntos de Galicia se encontraron al inicio del curso universitario debido a la supresión de convoyes en la comunidad. Ahora, no solo se verán afectados los que estudian más cerca, sino que tampoco podrán hacer uso del tren para retornar a sus hogares los jóvenes lucenses que estudian en otros puntos del norte peninsular, principalmente País Vasco o Cataluña”.

 

Os senadores lucenses do PP sinalan: “Los usuarios se encuentran muy alarmados por esta decisión, que evidentemente no responde a criterios relativos a la demanda del servicio, y más aún en un mes como diciembre, que tradicionalmente mueve a miles de personas que regresan a sus hogares a pasar las vacaciones navideñas. Aún en tiempos de Covid, o más aún por ello, la operadora pública debería proveer de opciones suficientes a los ciudadanos para que viajen con las máximas condiciones de seguridad”.