Partido Popular de Lugo

Castiñeira considera que Tomé “se ve temeroso ante a oposición” e critica que “use a condición de presidente para manexar o debate de forma subxectiva e partidista”

O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, considera que José Tomé “se ve temeroso ante a oposición” e critica que “use a condición de presidente para manexar o debate de forma subxectiva e partidista”.

 

Así o expón Castiñeira logo de comprobar como nos dous plenos extraordinarios, celebrados no día de onte, o socialista amosou un carácter ditatorial e impositivo. Concretamente, o popular refírese ao momento no que se debateu a proposta de presidencia sobre a disolución de Suplusa, e na que o tamén alcalde monfortino obrigou ao grupo da oposición, neste caso ao PP, a iniciar o debate. Textualmente, Tomé indicoulle ao voceiro popular o seguinte: vostede empeza e se non, non fala.

 

Trátase dunha actitude que, en palabras de Castiñeira, se vai incrementando a medida que avanza a lexislatura, ata o punto de que o socialista se comporta “como un neno que ten a pelota para dirixir o partido”. “O Sr. Tomé, que tanto lle gusta falar en termos futbolísticos, como árbitro é verdadeiramente malo.  Non entende que os dous rivais deben de actuar nas mesmas condicións”. Proba delo, apunta, é que ante esta situación, non foi capaz de explicar os motivos polo que é ordenaba á oposición iniciar o debate.

 

Tomé, “desbordado pola oposición”

Esta circunstancia, que se está a converter nunha dinámica común en cada sesión, evidencia que o presidente da Deputación “se ve desbordado pola oposición; que puxo uns cronómetros para evitar que o debate fose fluído e libre; que teme as sesións plenarias e que intenta manexar o debate moi friamente, sumido nun reloxo pero só para os demais, porque el fala a escape libre”, insiste.

 

Por este motivo, o Grupo Provincial do PP pídelle ao monfortino que “se tranquilice e que, sobre todo, xogue limpo; que trate de buscar o debate e non prexudicar aos mesmos, que somos os que estamos na oposición”, conclúe.