Partido Popular de Lugo

Trabajo pone fecha límite para la nueva reforma laboral

O Partido Popular de A Fonsagrada solicita o apoio do Concello para que este esixa á Deputación a mellora da estrada provincial LU-P-1901 que comunica este municipio con Navia de Suarna, co fin de que se garanta a seguridade dos usuarios desta vía de titularidade provincial.

 

Esta vía foi causa duramente moitos anos de disputas e anuncios electoralistas. Finalmente, despois de moitos anos de espera, a Deputación de Lugo arranxou o treito comprendido entre  o punto quilométrico 0+000 ao 4+350. Este tramos, segundo advirte o voceiro José Regueiro, “aínda que necesario é insuficiente para mellorar as comunicacións cos veciños de diferentes parroquias, así como a nosa estrada principal dende A Fonsagrada ata Navia de Suarna”.

 

Dende o Grupo Municipal Popular solicitouse en diversas ocasións a continuación deste arranxo coas mesmas características nos seguintes quilómetros pendentes ata a localidade de Louxas. Debido á falta de mantemento, en certos tramos os usuarios desta vían corren un alto risco ao transitar por ela. “Son puntos concretos que fan que transitar por elas impliquen un grave risco para a seguridade, polo que, se precisa unha mellora integral da estrada a partir do último punto quilomético arranxado ata a localidade de Louxas”, explica Regueiro.

 

Gran Senda do Navia

Os populares tamén presentaron unha moción para que o goberno local se implique na Gran Senda do Navia; proxecto impulsado pola Deputación en 2018, conxuntamente co

Principado de Asturias, para que o Goberno de España executase o anteproxecto desta iniciativa que descorrería por sete concellos da provincia lucense (Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro) e por nove de Asturias (Allande, Boal, Coaña, Grandas, Ibias, Illano, Navia, Pesoz e Villayón).

 

Os promotores desta iniciativa pretendían que a citada senda fose declarada de “interés general” e formase parte da Red de Caminos Naturales. Esta senda conectaría cos tres variantes do Camiño de Santiago: Francés, Primitivo e Norte, ademais de co Camiño Natural da Cordilleira Cantábrica e co Sendeiro da Cornixa Atlántica.

 

No momento de levar a cabo os citados trámites, o goberno provincial destacou que a Deputación de Lugo, o Principado de Asturias e os 16 concellos interesados sumaban esforzos para xerar riqueza a través do turismo e do medio ambiente. Con esta iniciativa pretendíase poñer en valor os recursos cos que conta á ampla zona pola que decorrería a senda. Os promotores deste proxecto consideraban entón que se trataba dunha oportunidade económica. Dende o 2018, os concellos lucenses non tiveron coñecemento de cal foi a sorte corrida pola solicitude presentada ao Goberno, de aí que a proposta dos populares inclúa os seguintes puntos:

 

  1. Instar ao Goberno de España a desbloquear a tramitación do anteproxecto da Gran Senda do Navia para a súa declaración de interese xeral e incluíla dentro da Red de Caminos Naturales.

 

  1. O Pleno insta ao goberno provincial a cumprir os compromisos adquiridos con concellos e asociacións para crear a Gran Senda do Navia.