Partido Popular de Lugo

Que o Goberno recupere as A-76 e A-54 e a mellora do servizo ferroviario, principais emendas concretas para a Zona Sur que se debaten esta semana no Congreso

Este martes dá comezo o debate no Congreso das emendas presentadas polos Grupos aos Orzamentos anunciados polo Goberno central para 2021. No caso concreto da Zona Sur as peticións dos populares son moi concretas. Trátase de que o Executivo de Sánchez corrixa o agravio perpetrado a esta demarcación ao consignar partidas “ridículas” para infraestruturas tan relevantes como son as autovías A-76 e A-56, así como para a mellora do servizo ferroviario que, “desde el estado de alarma, decretado en marzo, el Gobierno de Sánchez se ha encargado de ir desmantelando poco a poco”, afirma o deputado e vicesecretario de Participación do PP, Jaime De Olano.

 

O popular, acompañado da presidenta provincial, Elena Candia; da voceira do PP en Monforte, Katy Varela; da senadora de Quiroga, Rosa Arza; e da deputada autonómica, Raquel Arias; agardan que o Executivo de Sánchez “recapacite” e teña en conta as emendas neste senso e que superan amplamente os 30 millóns de euros.

 

“Estamos cos compañeiros de Monforte e os representantes da zona nas institucións para facer o que, precisamente, non fixeron os responsables do PSOE que é pelexar en Madrid para que os veciños destes Concellos non queden marxinados. Resulta inconcebible e lamentable, precisa Candia, ver o documento de Orzamentos e comprobar que a consignación para estas autovías ou o tren -que supuxo e supón un elemento socioeconómico tan relevante para a zona-, sexa tan raquítica. Dende o PP así o queremos trasladar con estas emendas e así o farán os nosos deputados no debate. Veremos se os socialistas están a altura do que demanda esta provincia”, sinala a presidenta.

E é que as contas presentadas polo Goberno do Estado para o vindeiro ano, precisa o tamén deputado, Joaquín García Díez, “non poder máis decepcionantes para os intereses xerais dos lucenses porque verán afectado negativamente o seu poder adquisitivo co incremento da fiscalidade” (sobre a taxa da prima de seguros, o imposto de bebidas gaseosas, plásticos non reciclables, Internet ou a rebaixa na bonificación no IRPF dos plans de pensións). Así mesmo, estas contas afectan de forma notoria ás previsións de investimentos para as principais infraestruturas da provincia en xeral e da comarca de Lemos en particular.

 

Emendas ao detalle

Fronte ao agravio á comarca que supón a proposta que presentou o Goberno de Presupostos Xerais do Estado para o 2021, dende o PP presentaron distintas emendas para corrixir a falta de investimento en infraestruturas viarias, ferroviarias e en materia de augas e transición ecolóxica, principalmente.

 

Así, os populares recollen nunha emenda dirixir os 422.290 euros para a circunvalación da A-76 en Monforte de Lemos (enlace Monforte este – Barrela) que xa figuraba no proxecto dos Presupostos do 2019 presentado polo Goberno socialista. A pesar de ser unha cantidade que evidencia o seu pobre interese para impulsar a autovía entre Ourense e Ponferrada, presentamos unha emenda para recuperar este investimento.

 

Así mesmo, dende o PP lucense defenden a achega de orzamento para continuar impulsando a A-56, a autovía Lugo-Ourense.

 

Para o impulso do tráfico por ferrocarril, dende o Partido Popular propoñen incrementar a partida de renovación da liña Monforte-Lugo con 10 millóns de euros, xa que a consignación proposta para o ano 2021 (31.847 millóns de euros) está moi lonxe do custe total da actuación (para a que se estima un coste total de 186.998 millóns de euros) e acumula un retraso considerable dende hai anos. Igualmente, propoñen a modificación da denominación pola que figura ata este exercicio para que volva incluír as variantes da liña que son moi importantes para a redución de tempos entre Lugo e Ourense. Así mesmo, inclúen unha emenda cunha partida de 20 millóns de euros para o proxecto anteriormente denominado electrificación Monforte-Lugo.

 

En materia de augas e transición ecolóxica, o Partido Popular considera necesaria a redacción de proxectos novos para o saneamento e depuración de varios concellos coma o de Monforte de Lemos e a eliminación de pluviais e tanque de treboadas en Chantada. Con este fin, propoñen unha partida adicional de 1,4 millóns de euros.

 

Nesa liña, tamén consideran preciso declarar de interese xeral do Estado o saneamento e depuración de Monforte de Lemos e Chantada, entre outros concellos da provincia; para garantir o correcto saneamento en poboacións de 5.000 habitantes e cumprir a directiva 41/271 sobre o tratamento de augas residuais urbanas.

Emendas provincia

De aceptarse o conxunto de emendas presentadas polos deputados lucenses no Congreso, a dotación inicial veríase incrementada en máis de 44,6 millóns de euros; ademais do beneficio para a nosa provincia da inclusión doutras partidas para Galicia que ascenden a un total de 380 millóns de euros.