Este martes dá comezo o debate no Congreso das emendas presentadas polos Grupos aos Orzamentos anunciados polo Goberno central para 2021. No caso concreto de A Mariña as peticións dos populares son moi concretas. Trátase de que o Executivo de Sánchez “non soterre” a A-74 e a liña de Feve. Así o expoñen o deputado e vicesecretario de Participación do PP, Jaime De Olano, acompañado da presidenta provincial, Elena Candia, do deputado autonómico, Daniel Vega, do voceiro do PP na Deputación, Javier Castiñeira, e do vicepresidente da FEGAMP e alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agardando que o Executivo de Sánchez “recapacite” e teña en conta as emendas para estas dúas actuacións, e para as que o PP propón un investimento superior aos 9,3 millóns de euros.
“O Partido Socialista e os deputados lucenses desta formación en Madrid teñen unha oportunidade extraordinaria para reparar o agravio do seu presidente á nosa provincia e, en especial, á nosa comarca. No pode ser, precisa a dirixente dos populares, que para os principais proxectos que vertebran A Mariña non lles toque nin a pedrea”.
A este respecto, De Olano indica que “no es la primera vez que el PSOE nos trata de esta forma. José Blanco, en su etapa de ministro. enterró también la A-74 y ha sido el gobierno del PP con Mariano Rajoy al frente el que ha tenido que recuperarla. Ahora, es de nuevo el PP de Lugo y el de Pablo Casado el que pretende que non se repita el desprecio a nuestra comarca”, destaca.
E é que as contas presentadas polo Goberno do Estado para o vindeiro ano, precisa o tamén deputado, Joaquín García Díez, “non poder máis decepcionantes para os intereses xerais dos lucenses porque verán afectado negativamente o seu poder adquisitivo co incremento da fiscalidade” (sobre a taxa da prima de seguros, o imposto de bebidas gaseosas, plásticos non reciclables, Internet ou a rebaixa na bonificación no IRPF dos plans de pensións).
Emendas ao detalle
Os populares destacan a necesidade de darlle continuidade de forma decidida á autovía da Mariña lucense, a A-74, para mellorar as comunicacións na comarca e dar servizo a unha das maiores zonas produtoras de madeira, con portos pesqueiros de referencia, un porto de interese xeral do Estado e unha multinacional do aluminio. “Esta importante actuación que xa figuraba no PEIT 2005-2020 atópase paralizada sine die nos proxectos de Presupostos Xerais do Estado para este 2021”, lamentan.
Nesta liña, os populares propoñen investir 2.599.000 euros para o treito San Cibrao-Burela; 2.859.640 euros para o de Foz – Burela, 700.000 euros para Foz-O Carme e 700.000 para o treito O Carme-Barreiros.
E, en materia ferroviaria, os deputados do PP lucense solicitan unha partida de 2,5 millóns de euros para a renovación da liña Vegadeo-Ferrol que permita modernizar as infraestruturas e o material rodante do tren de vía estreita que comunica Ferrol con Ribadeo. A proposta pretende garantir unha partida suficiente para ofrecer un servizo de calidade aos 240.000 habitantes das comarcas de Ferrol, Ortegal e a Mariña lucense que nos últimos anos se viron afectados polo deterioro do servizo en horarios e frecuencias, a redución de persoal, a falta de mantemento e de investimento para a mellora da vía e do material rodante que provocaron constantes avarías e, polo tanto, a redución da mobilidade na comarca.
Emendas provincia
De aceptarse o conxunto de emendas presentadas polos deputados lucenses no Congreso, a dotación inicial veríase incrementada en máis de 44,6 millóns de euros; ademais do beneficio para a nosa provincia da inclusión doutras partidas para Galicia que ascenden que ascenden a un total de 380 millóns de euros.