O portavoz do PP en Foz, Javier Castiñeira, expresa a satisfacción dos populares deste municipio “porque nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2021 se recolle unha partida de máis de 2,5 millóns de euros para o inicio da construción da depuradora de augas residuais de Foz, na Granda de Forxán, entre Forxán e Fazouro”.
O portavoz municipal dos populares recorda que é “un traballo que iniciou o goberno local do PP, pactando esa nova ubicación e iniciando a tramitación”. Sinala que “avanzados os trámites administrativos, pendentes de permisos de diferentes organismos, entendemos que o compromiso da Xunta de Galicia é absoluto e total”.
Castiñeira sinala: “Con eses 2,5 millóns de euros entendemos que o ano 2021 debe ser o ano do inicio da depuradora, o que é moi boa noticia para Foz e para solucionar os problemas de depuración que ten esta localidade”.