Partido Popular de Lugo

Distintos cargos institucionais do PP secundan activamente a manifestación convocada en Lugo en contra da Lei Celáa

A presidenta provincial, Elena Candia; o vicesecretario de Participación do PP, Jaime De Olano; o voceiro do PP en Lugo, Ramón Carballo; e o senador, José Manuel Barreiro; acompañados doutros cargos institucionais e orgánicos do Partido secundaron esta mañá activamente a manifestación con vehículos polo dereito a elixir a educación que queremos, opoñéndose así á coñecida Lei Celaá que pretende implantar o Goberno de Pedro Sánchez.

 

Os populares consideran un que se trata dunha normativa que ataca directamente á comunidade educativa, pois miles de familias verán cortados os seus dereitos á hora de escoller o sistema educativo que desexan; rexeita o pluralismo ao apostar só polo ensino único e polo modelo único; non favorece a educación inclusiva; permite ás administracións decidir a que colexio van a ir os rapaces e supón un prexuízo con certas asignaturas. É o caso da de Relixión, da que máis de tres millóns de alumnos optan voluntariamente por esta materia; “o que supón un verdadeira demanda social”, engade Elena Candia.

 

Por este motivo, a máxima mandataria dos populares da provincia sinala que “quixemos estar cos pais e nais e con todos os profesionais que traballan na educación concertada. Este Goberno recorta os seus dereitos e isto non se pode permitir. Que saiba o Executivo de Pedro Sánchez e de Pablo Iglesias que nos teñen e nos terán en contra”.