Partido Popular de Lugo

O Goberno recoñece aos deputados do PP a súa ineficacia na xestión, ao confirmar que tan só o 22,7% dos lucenses que solicitaron o IMV se beneficiarán desta axuda

O Goberno confirma aos deputados do PP, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, que tan só o 22,7% dos lucenses que solicitaron o IMV se beneficiarán desta axuda. De Olano, que ademais é o vicesecretario de Participación do Partido Popular, considera que se trata dun dato que non é menor e que amosa “la completa y absoluta incompetencia del Ejecutivo de Sánchez y que ha sumido en el caos el Gobierno de España”.

 

O popular fai esta valoración logo de comprobar na resposta recibida á pregunta formulada polo Grupo do PP que, das 4.578 solicitudes recibidas da provincia de Lugo, foron máis as denegadas (1.098, é dicir, o 23,9%) que as resoltas favorablemente (1.042, é dicir, o 22,7%). Á vista dos datos, o deputado lucense denuncia que, “los que presumían de estar al lado de las personas y de no dejar a nadie atrás, resulta que han dejado de lado y en la cuneta a casi al 80% de la población más vulnerable de Lugo”.

 

Jaime De Olano tamén critica a imprecisión na resposta. Proba delo é que na propia misiva o Executivo confirma que tampouco dispón dos datos de solicitantes por sexos, nin por municipios, así como que resulta imposible facilitar a información dos beneficiarios perceptores da Renda Mínima de Inserción.

 

Por tanto, para o popular resulta “intolerable no hacer llegar estas ayudas a los más desfavorecidos”, sobre todo, porque estamos nun momento no que o Ingreso Mínimo Vital se fai máis necesario ca nunca, como así o deixou claro a formación de Pablo Casado apoiando a súa posta en marcha.