Partido Popular de Lugo

O PP di que o raquítico investimento previsto polo Estado en autovías na provincia demostra que PSOE e BNG de Lugo non teñen ningún peso nas decisións de Pedro Sánchez

O proxecto de presupostos xerais do Estado dado a coñecer polo Goberno confirma que se mantén a marxinación na que Pedro Sánchez e os seus aliados teñen á provincia de Lugo en todas as frontes, pero moi sinaladamente en materia de infraestruturas. Coñecido o proxecto de grandes contas, o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, está convencido de que “os feitos demostran que o bipartito tentou tomarnos o pelo no pasado pleno da Deputación coa súa proposta  de dar pulo a autoestrada A-56, Lugo-Ourense”, de modo que “tal como anticipamos, o Goberno do Estado (PSOE-Podemos) no borrador de orzamentos presentados no día de onte, corrobora a súa falta de compromiso coa  rede de autoestradas planificada na provincia e prioriza á A-54”.

 

Castiñeira cre que o Goberno presidido por Pedro Sánchez “deixou en absoluto ridículo ao goberno bipartito da Deputación; a súa proposta de dar  pulo, como lles gusta dicir aos nacionalistas, á A-56,  que dicían  estaba abandonada e ao intercambiador, foi totalmente ninguneado  por Pedro Sánchez”. Explican os populares: “Polo contrario a aposta foi pola A-54; hai que recordar que no propio pleno provincial denegaron a emenda do PP para impulsar as tres autovías: A-54, A-56 e A-74 (A Mariña). As autovías Lugo-Ourense  e a da Mariña quedan practicamente fora destes orzamentos, cando están nun punto de avance administrativo  moi alto, especialmente  o tramo I de Barreiros a Foz, no que xa no 2018 se avanzara  na xestión das expropiacións e nas sondaxes xeotécnicas”.

 

Castiñeira sinala: “Estas contas para o ano 2021 son un golpe para varias comarcas luguesas importantes,  como A Mariña e o suroeste, é dicir, A Ulloa, Chantada e a propia  Ribeira Sacra. Estas contas son especialmente malignas para os intereses da Mariña, esquecida polos socialistas, que suma á falta do estatuto comprometido cos traballadores de Alcoa, a  falta de compromiso coas infraestruturas mariñáns, o que debilita a argumentación pola aposta polo aluminio primario na Mariña”.

 

O portavoz popular di que “PSOE e BNG demostran ter moi pouco peso de decisión sobre o Goberno de Pedro Sánchez, que prefire investir noutras zonas do país os impostos que tamén pagamos  os máis de 330.000 lugueses”.