Partido Popular de Lugo

Dani Vega destaca o apoio da Xunta para impulsar e conservar o patrimonio cultural da ría co proxecto do Galeón

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo e tamén deputado autonómico, Dani Vega, destaca o novo investimento da Xunta de Galicia “para o noso pobo”. Trátase do proxecto impulsado polo Goberno galego para impulsar e conservar o patrimonio cultural da ría, a través do proxecto de Galeón.

 

E é que o pecio de San Giacomo é un dos grandes achádegos da súa época e aporta unha importante información arqueolóxica. “Moitas universidades e moitas institucións, como a Armada Española, e o Real Clube Náutico local están defendendo todo este legado”, afirma Vega.

 

A este respecto, explica que, “con este apoio por parte do Executivo de Alberto Núñez Feijóo, durante tres anos continuados, debemos conseguir que Ribadeo tutele este patrimonio cultural subacuático”.