Partido Popular de Lugo

Castiñeira: “Mentres o PP defende que o Goberno axilice as autovías proxectadas na provincia, o goberno provincial mira para outro lado”

O voceiro do Grupo Provincial do PP, Javier Castiñeira, lamenta que “mentres o PP defende que o Goberno axilice as autovías proxectadas na provincia, o goberno provincial mire para outro lado”. Así o manifestou o popular amosando a súa sorpresa e preocupación ante a actitude do PSOE nun dos puntos que consideran máis importantes do pleno provincial deste martes porque “o PSOE rexeitou incluír a emenda do Grupo Popular coa que melloraba a proposta do Goberno para dar un pulo á A-56 Lugo-Ourense; xa que propoñiamos avanzar tamén nas outras dúas autovías proxectadas na provincia, a A-74 (Barreiros-San Cibrao) e a A-54 Lugo-Santiago) para “dar seguridade a toda a provincia”.

 

Os populares lamentan que “a voceira socialista convencese ao BNG durante un receso de 2 minutos para abordar entre tódolos grupos a forma da proposta de que non aceptase a proposta do Grupo Popular. Isto preocúpanos en gran medida pola falta de personalidade do BNG neste Goberno provincial e pola falta de compromiso da Deputación de Lugo que deixan fóra da proposición á autovía A-54 e A-74”. Con todo, o PP votou a favor da proposta ao estar de acordo coa avance da autovía entre Lugo e Ourense.

 

Dúbidas sobre o compromiso do Goberno coas autovías da provincia

A proposta do Goberno provincial apórtanos moitas máis dúbidas sobre o compromiso do Goberno coas autovías da provincia de Lugo. Castiñeira sinalaba, por unha banda, que o Goberno central leva dous anos sen orzamentos e, polo tanto, sen asignar ningunha partida para estas obras e unicamente executando o que deixou feito o Partido Popular. Así mesmo, engadía que o ministro de Fomento avanzaba unha lei de mobilidade sostible onde plantexaba dar prioridade ás inversións produtivas que suporían unha discriminación para a nosa provincia de carácter principalmente rural. Ademais, o popular recordou que “en abril os senadores do PP solicitaron información sobre os estado das autovías, pero o Goberno non aportou datas nin compromisos”.

 

“O feito de que o goberno provincial -coa complicidade do BNG- traia esta moción sobre a A-56 na época de elaboración dos Orzamentos do Estado pódese malentender. Igual o señor Ábalos lles deu aos señores do PSOE un bombón envelenado traendo só a A-56, pero esquecéndose da A-54 e A-74”.

Castiñeira asegurou que “o Partido Popular defendeu sempre, antes, despois e hoxe as tres autovías. Incluso o Goberno galego lle pediu ao ministro dar un pulo a todas as estradas de Galicia incluíndo, por suposto, a A-56, a A-54 e a A-74 que é moi importante para a fábrica de aluminio de San Cibrao”. Por iso sinalou que “negarse a apoiar o seu avance é facer moi pouco na súa defensa” a pesar de que “o señor Castro traia unha máscara en apoio” á planta mariñá. “Iso está ben; pero facer política é levar propostas ao DOG e ao BOE que é onde o PP o fixo sempre”.

A proposta dos populares era “máis ambiciosa” que a do Goberno da Deputación. O Grupo Popular pedía ao Executivo central partidas para “as autovías da provincia nos Orzamentos do Estado que parece que xa ten arranxado o PSOE con Podemos”.