Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo di que Tomé é un presidente de Deputación tutelado por Gonzalo Caballero e antepón os intereses do PSOE aos dos veciños da provincia

O PP de Lugo considera inaudito que o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, poña as institucións ao servizo do partido, como demostra a reunión que mantivo como secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, para tratar as prioridades da institución da que é máximo responsable de cara aos orzamentos da Xunta e do Estado.

 

O Partido Popular de Lugo considera inxustificable que Tomé presente as súas proposta a Caballero antes de expoñelas aos lucenses por medio dos seus representantes. Está claro para o PP que “as prioridades do goberno de Tomé as marca o PSOE, sinaladamente Caballero”. Lamentan os populares que os socialistas lucenses non dean prioridade aos intereses dos veciños de Lugo sobre as do partido.

 

Na formación popular critican que Tomé e os socialista teñan “ás institucións ao servizo do partido”. É, din, unha demostración de que “Tomé é un presidente da Deputación que, deste xeito, admite que non coñece as prioridades da súa provincia”.

 

O partido que preside en Lugo Elena Candia sostén que “Tomé é un presidente tutelado por Gonzalo Caballero”, do que sinala que “é un líder que os galegos consideran a súa terceira opción, como se demostrou recentemente”.