Partido Popular de Lugo

Dani Vega pon en valor que a Xunta achega o 82% do orzamento para o arranxo de varias estradas de Ribadeo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo e tamén deputado autonómico, Dani Vega, pon en valor a inxección de 51.714 euros da Xunta de Galicia para o arranxo de varias vías deste municipio. Trátase do 82% do investimento total, que ascende a 62.574 euros, e que permitirá a reparación dos accesos aos núcleos de Saa, Somo e Marelle.

 

O popular continúa así sendo “o nexo de unión” da administracións autonómica a nivel local, co fin, di, “de seguir xestionando orzamento que beneficie aos ribadenses”.

 

Obras, ao detalle

Os traballos, explica Vega, consisten no varrido de superficie sobre a que se aplicará un rego de imprimación, na limpeza de cunetas e pasillos,  na colocación dun paso salvafoxos cos seus paramentos de formigón, na aplicación de firme de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor, na creación de pasillos con zahorra artificial nun ancho de 30 cms e na instalación de sinalización horizontal.O importe da axuda, incluída no Plan Marco, distribúese do seguinte xeito: anualidade 2020 (50% da subvención: 23.191 euros) e anualidade 2021 (50% da subvención: 23.191 euros).

 

“Son obras moi necesarias, pois son estradas moi transitadas. Contribuirán, por tanto, a dotar dun mellor servizo aos usuarios destes accesos”, manifesta o deputado autonómico, quen adianta que “seguiremos xestionando orzamento dentro da programación de arranxo das nosas infraestruturas”.