Partido Popular de Lugo

O PP de Ribadeo insta ao goberno local a desenvolver un plan estratéxico para o mantemento das infraestruturas do rural

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo insta ao goberno local a desenvolver un plan estratéxico para o mantemento das infraestruturas do rural. Os populares fan esta petición logo de constatar que a maioría dos accesos e instalacións presentan deficiencias importantes.

 

Montserrat Seijo defende que a proposta que plantexan é unha iniciativa necesaria e que debe ser extensible a todo o mandato. A este respecto, pon como exemplo a parroquia de Remourelle, onde “a maleza medra de xeito incontrolado”. “Citamos este lugar, como podiamos dicir outros, porque o estado deste núcleo é un reflexo do que é hoxe é a zona rural de Ribadeo”.

 

“As  pistas dan pena. Só se desbroza antes das festas de cada parroquia… É dicir, non hai un plan de mantemento e mellora para a zona rural. Por iso, facemos esta petición ao BNG, que deseñe un programa de actuacións a longo prazo e non só para cando se aproximan as eleccións”, conclúe Seijo.