Partido Popular de Lugo

Elena Sierra constata que “existe un abandono total das zonas recreativas

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, constata que “existe un abandono total das zonas recreativas”. A edil resposta así ao concelleiro de Medio Ambiente, e faino con mostras gráficas que demostran a falta de planificación de limpeza e de desinfección tanto da vila, como da zona rural.

 

Neste senso, Sierra convida ao responsable local desta área que se pase polos parques Pintor Fierros, onde existen varias pintadas e o xel tirado polo chan, e polo de San Francisco, no que unha sinal de tráfico figura rodeada de cables eléctricos; converténdose nun perigo para a seguridade cidadá.

 

“Non existe seguridade”, indica. E é que “todo o que pedimos que se mellore está á vista de todos”. Tal é así que, subraia a popular, incluso algún restaurante se puxo en contacto co Concello para solicitarlle que limpase os contedores de lixo que arroxaban un mal olor e destacaban pola presenza de moscas. É, por este motivo, polo que dende o Grupo Municipal do PP solicitan, novamente, á entidade local que poña en marcha unha proxecto que garanta o bo estado das zonas públicas do municipio.