Partido Popular de Lugo

O PP de Burela indica que “a pasividade funcional do Sr. Llano e do seu concelleiro, o Sr. Fernández Rey, é vergoñenta”

Dende o PP de Burela queren salientar que “a pasividade funcional do  Sr. Llano e do seu concelleiro, o Sr. Fernández Rey, é vergoñenta”. Afirman que, co anuncio feito esta semana pasada, “o que pretenden facer é tratar de illar a insalubridade que hai en numerosos soares da nosa vila no canto de eliminar esa insalubridade das fincas”.

 

“O único que van a conseguir é maior deixadez á hora de limpar as fincas, coa conseguinte propagación de numerosos núcleos insáns, e posiblemente infecciosos xa que moitos deses soares empréganse como vertedoiros incontrolados”, indican dende o PP.

 

E seguen: “facendo un símil, moi comprensible, coa limpeza dun fogar… o que pretenden é esconder debaixo da alfombra o po en lugar de limpalo”.

 

Os populares entenden que, “unha vez máis, queda demostrada a incapacidade do Sr. Llano e do seu concelleiro delegado, o Sr. Fernández Rey, para asumir a xestión da limpeza de Burela, non só por incrementando o custo da mesma como nunca antes se fixo na historia da nosa vila, se non polo feito de estar desbordados e ser incapaces de levala a cabo”.

 

Dende o PP lembran que, “con este último bando, o alcalde e o seu concelleiro delegado están a infrinxir o artigo 24 da ordenanza municipal relativa á limpeza do Concello de Burela publicada no BOP por eles mesmos en decembro do ano 2015 e que, basicamente, o que di é e que o Concello é o responsable subsidiario da limpeza das fincas privadas”.

 

“De tódolos xeitos, antes de esixirlles aos veciños e veciñas da nosa vila que fagan algo, o Sr. Llano e o seu suposto equipo, deberían de predicar co exemplo limpando e pechando as fincas das que é titular ou ten responsabilidade o Concello, e que están nun estado lamentable e, para mostra disto, a finca situada na coñecida como lagoa de Burela, recentemente visitada polo Sr. Llano, e da que non se fan cargo dende hai anos”, conclúen dende o PP.