Partido Popular de Lugo

Candia: «O Partido é a estrutura de apoio que apuntala o noso proxecto político que se ofrece a colaborar na reconstrución económica nun momento complexo»

"O Partido é a estrutura de apoio que apuntala o noso proxecto político que se ofrece a colaborar na reconstrución económica nun momento complexo". Así o afirmou a presidenta provincial, Elena Candia, na Xunta Directiva que o PPdeG celebrou esta mañá en A Coruñae clausurada por Alberto Núñez Feijóo.

 

A este respecto, a máxima dirixente dos populares lucenses indicou que "debemos seguir motivándonos cos resultados. O 12 xullo fíxose historia e hoxe temos un novo goberno para seguir traballando para xestionar esta crise sanitaria e económica. Temos que xestionar este éxito con intelixencia para o futuro"", afirmou.

 

Neste senso, fixo un chamamento para "centrar o noso esforzo en dar solucións aos problemas dos veciños, a construír solucións e axudar ao Goberno a acadalas dende o Partido".

 

Agradecementos

Elena Candia tivo palabras de lembranza para as persoas e sectores que seguen sofrindo as consecuencias da pandemia. Neste senso, quixo facer unha especial mención ao traballo de alcaldes e voceiros que "están a xestionala con responsabilidade" porque "incluso nesta etapa tiveron que loitar para non verse privados dos recursos que pertencen aos veciños", apuntou en relación ás políticas do Executivo central sobre a regra de gasto.

 

A presidenta trasladoulles así o seu apoio e enviou unha mensaxe de ánimo aos rexedores de O Incio e de Outeiro de Rei; dous dos municipios máis prexudicados polo virus nas últimas semanas.

 

"Un gran Partido"

Para rematar, Candia destacou que "somos un gran Partido, absolutamente unido". "O Partido é esa gran familia que defende o que facemos e que entende que é o mellor. Lugo está á disposición do Goberno e de toda a Galicia porque, sen lugar a dúbidas, estamos nunha época económica e sanitaria que é a peor que nos tocou vivir dende que naceu a Constitución". A este respecto, puxo en valor os novos nomeamentos. É o caso do delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias Fouz, sen esquecerse, dixo, "do esforzo e gran traballo" do seu precedesor no cargo, José Manuel Balseiro Orol.