Partido Popular de Lugo

Os populares de Viveiro urxen ao goberno local a reparar a estrada municipal de acceso a Lagoa, en Galdo

Viveiro, a 8 de setembro de 2020.  Ante as reiteradas queixas dos veciños pola cantidade fochancas na estrada municipal de acceso ao lugar de A Lagoa, en Galdo, o grupo municipal do PP de Viveiro pide a reparación do seu firme. Os concelleiros populares aseguran que esta vía se atopa en “moi malas condicións de circulación e, en varios tramos, incluso intransitable” e, polo tanto, “xera inseguridade”; ademais de “supoñer perdas económicas para os veciños que teñen que reparar os danos que provoca nos vehículos”.

 

Os populares trasladan á corporación municipal a través dun rogo esta demanda dos veciños que aseguran que se teñen dirixido a membros do goberno local “sen acadar resultados positivos”; a pesar de que “esta situación se da dende fai moito tempo porque incluso algúns non recordan cando foi reparada a estrada por última vez”.

 

Os concelleiros do Partido Popular expoñen tamén a necesidade de “limpar e cortar a maleza que tapa totalmente as cunetas e que, nalgún caso, ata invade a calzada”. Do mesmo xeito, cren necesario marcar o lateral da vía para que “tanto as persoas coma os vehículos coñecen os seus límites e poidan circular con seguridade”. Con ese mesmo obxectivo, dende o grupo municipal popular propoñen “converter esta estrada nunha vía de dirección única” porque “é moi estreita e non caben dous vehículos en paralelo”.

 

Dende o grupo municipal do PP recórdanlle á alcaldesa que “a conservación e mantemento das pistas e estradas municipais é competencia do Concello” e urxen a executar estas actuacións porque “as estradas constitúen un servizo público de vital importancia para a libre circulación dos cidadáns”.