Partido Popular de Lugo

O Grupo Municipal do PP de Viveiro pide ao goberno local que acondicione e manteña en bo estado o a estrada local que vai o lugar do Vilar en Chavín

O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro pídelle diríxese ao goberno local en nome propio e dos propietarios de casas, montes e parcelas de labradío para pedir o acondicionamento e o mantemento en bo estado do único acceso que hai ao lugar do Vilar, na parroquia de Chavín.

 

Membros do Grupo Municipal do PP de Viveiro, trala chamada dos veciños, achegáronse ata as casas do lugar para comprobar o mal estado e abandono do firme.

 

É unha obriga das administracións facilitar a estancia no lugar de traballo e non abandonalos ao seu destino, xa que de non realizar a conservación necesaria para manter os camiños en condicións mínimas de seguridade e de tránsito, estaríamos a contribuír á desaparición do mundo rural. Este Grupo non quere ser participe e por iso formula a petición.

 

Os populares sinalan que “a estrada local, que é o único acceso rodado ao lugar de “O Vilar”, na parroquia de Chavín, ten o firme moi deteriorado na súa gran parte, ademais de ter unha vexetación que medra a libre albedrío e invade a calzada, a cal presenta un estado de abandono. O estado do firme convirte o acceso en perigoso tanto para os vehículos como para as persoas que o usan a diario, xa que cumpre atender o gando, horticultura, froiteiras, etc.”, segundo explican.

 

“Dende o Grupo Municipal Popular entendemos a importancia que ten fixar a estancia no mundo rural, e máis nos momentos de crise que estamos a vivir; xa que a conservación do espazo rural é unha parte vital da vida da nosa veciñanza”.

             

Ante esta situación, a agrupación local do Partido Popular de Viveiro súmase á petición da veciñanza co obxectivo de conservar os nosos valores do rural.

 

O rogo dirixido á alcaldesa recolle:

  • A limpeza e mantemento da maleza existente ao carón da estrada
  • A reparación do firme que é o principal acceso ao lugar de “O Vilar”, en Chavín, e que se atopa en moi malas condicións de circulación e inseguridade e, en varios tramos, intransitable.